Enquisa sobre o uso da ludoteca no verán

Dende a Anpa estamos a traballar para organizar unha ludoteca nos meses de verán que
facilite a conciliación familiar e laboral das familias desta comunidade educativa.
Co fin de coñecer as necesidades concretas das familias agradecemos indiquedes, mediante esta enquisa, a disposición a usar ou non este servizo de ludoteca, xa que todas
as propostas que temos requiren un mínimo de asistentes.

Escolle no despregable a resposta
Podes escoller unha ou máis opcións
número de participantes por unidade familiar
Número de teléfono de contacto

1a xornada formación – Invernadoiro – DEPO

Comezamos a traballar cara o uso e desfrute do invernadoiro que está a piques de ser armado no cole e convídannos a 3 ou 4 familias a participar nunha formación impartida pola DEPO:

Obradoiro práctico: Plantación dun bancal. 

Data prevista: 12 de maio pola tarde, pendente de confirmación.

Participarán un máximo de 7 persoas: docentes e familias.

Agardamos que esta sexa a primeira xornada de moitas. Se tedes interese en participar, inscribídevos mandando un correo a proxectos@anpaceipvinhagrandedeiro.org.

A inscripción faráse por rigoroso orde de chegada das solicitudes.

E mirade! Xa non falta nada! Próximamente xuntos no patio!

Uso responsable dos videoxogos

A comisión de familias da Asociación Pedagóxica Mudare convídanos a participar nesta actividade formativa e informativa, que consideramos tan interesante como necesaria e que irá da man de Silvia López Gómez, doutora en educación e especialista en videoxogos e tecnoloxía educativa.
A charla terá lugar o venres 26/02/21 ás 17:30 por vía telemática.

Deixámosvos o cartaz da actividade e a ligazón para inscrivirvos. Non a deixedes pasar!

http://bit.ly/videoxogos

Asóciate á ANPA curso 2020-2021!

Se queres asociarte á nosa ANPA, apoiar o noso traballo, facer do noso cole o mellor lugar posible para as nosas fillas e fillos, e alén diso disfrutar de beneficios e descontos no comercio vilanovés, faino antes do 30.10!
Despois diso poderás asociarte, pero xa non recibirás o carnet especial de familia asociada que che proporcionará descontos nunha longa lista de negocios do concello.

Non esperes demasiado, ASÓCIATE!

Ingresa a cuota anual de 15€/familia na seguinte conta e pon o nome do/a neno/a e curso no asunto

 
ES83 2080 5070 7730 4000 7066
 
Despois cubre o formulario e envía o resgardo do pagamento…
… e listo!

    Información básica sobre protección de datos Ver más

    • Responsable: ANPA Ceip Viñagrande Deiro.
    • Finalidad:  Responder las consultas.
    • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
    • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Professional Hosting que actúa como encargado de tratamiento.
    • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
    • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

    Presentación do proxecto de crowdfunding en BioCultura 2020

    Os días 28, 29, e 1 de marzo celebrarase na cidade da Coruña a feira de produtos ecolóxicos e consumo responsábel BioCultura 2020, na súa segunda edición nesta localidade.

    Nela, o 29/02/2020 ás 10:30 unha representante da directiva da ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro terá a oportunidade de presentar o proxecto de recadación para o invernadoiro escolar, como exemplo de práctica asociativa de captación de fondos da man da Fundación Triodos.

    Continuar lendo “Presentación do proxecto de crowdfunding en BioCultura 2020”

    Rexeitamento ante a LGTBIQ+fobia

    A ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro súmase ao rexeitamento ante a propaganda LGTBIQ+fóbica que o colectivo Hazte Oir está a facer chegar aos centros educativos, e sumámonos así á protesta liderada pola Rede Educativa de Apoio LGTB de Galicia.
    Queremos fillas e fillos libres nun mundo libre – que sexan felices e fagan felices a outras persoas lonxe de odios retrógrados que atentan contra os dereitos das persoas.

    Rexeitamos polo tanto como ANPA e como comunidade educativa as manifestacións de odio por razóns de orientación sexual ou por calquera outra razón e apoiaremos calquera iniciativa destinada a utilizar todas as ferramentas legais dispoñibles para prohibilas e erradicalas da nosa sociedade.

    Querémonos libres, queremos un mundo libre de agresións machistas e LGTBIQ+fóbicas