Éxito de festa!

Dende a ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro queremos agradecer a todas as familias que asistiron á festa a súa participación e bo humor.

Grazas por eses riquísimos doces de antroido e grazas mil a peques e menos peques por xogar, divertirse e animarnos cos seus risos e sorrisos 🙂

Deixámosvos algunhas fotos e animámosvos a recoller as vosas suxestións de mellora para que cada festa que fagamos sexa mellor e máis divertida.

Apertas!

fin de festa de antroido @anpa CEIP Viñagrande-Deiro