Raquel Queizás con Somos Iguais

Seguimos traballando pola igualdade dende a ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro. Desta volta coas máis pequechas: hoxe luns 04.11.2019 ás 10:30 disfrutarán da compaña de Raquel Queizás e do seu contacontos coeducativo: Somos Iguais

“Queliña quere  ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!
Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.”
logos: Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad e Vicepresicencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Secretaría Xeral de Igualdade