Colaboracións para a Cesta de Nadal

Rematou o Samaín e xa estamos metidas na seguinte festa e na seguinte acción de recadación da ANPA. Como vos comentamos na Asemblea Xeral do 28.09, este ano faremos de novo o tradicional sorteo de Nadal, no que esperamos repartir moitos lotes que leven alegría a moitas familias e recadar moitos fondos para seguir a mellorar o noso cole.

Para iso precisamos que todas as persoas asociadas colaboren. Os lotes e as cestas fanse con donativos de comercios locais, pero contactalos a todos é un traballo e un tempo que case nos vai quedando xusto. Por iso:
se tes un negocio e gustaríache donar algún produto do teu negocio para un lotiño (total ou parcial), ou
se tes un negocio de confianza (supermercado, tenda de alimentación de calquera tipo, conserveira…) no que non che importe preguntar
se tes calquera cousa que queiras donar tamén a nivel privado

DONA e anima a DONAR!

Todas as achegas son benvidas! Contáctanos no noso correo-e (anpaprexela(arroba)hotmail.com) ou na porta da escola!