Descanso en Familia

Tocaron días de descanso, de familia, de reflexión, de novos proxectos e o balance non puido ser máis positivo.

Non nos gustan as despedidas porque se nos encolle un pouquiño o corazón pero gustaríanos volver a dar as grazas ao Ceip DE Viñagrande Deiro, Anpa Ceip Viñagrande Deiro , a cada unha das familias e aos nosos pequenos e pequenas pola vosa axuda e por compartir connosco este verán inolvidable.

O remate non puido ser máis emocionante para nos. O cariño mostrado por cada unha das familias e sobre todo polos nenos e nenas foi a nosa mellor recompensa.

Graciñas polas bonitas palabras, polas apertas e por todo o cargamento de cousas boas que levamos nas nosas mochilas.

Queda atrás o verán e xa lle demos a benvida ao outono pero seguimos téndovos ben presentes.

Pronto sairá do forrno unha das fermosas actividades que realizamos no taller de Igualdade este verán, onde os protagonistas como sempre son as nosas crianzas.

Estade atent@s!!! Ata pronto!!!

Por favor acceder para comentar.

Información básica sobre protección de datos

  • Responsable ANPA Ceip Viñagrande Deiro .
  • Finalidad Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios Professional Hosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en el Aviso Legal.