REUNIÓN ANPA DE INICIO DO CURSO 20-21

          Anunciámosvos que debido a actual situación da COVID-19, de momento non nos deixan facer ninguna reunión presencial. Dende a directiva da ANPA estámonos a plantexar facela virtual, pero para iso gustaríanos saber cánta xente estaría disposta a participar nunha reunión desta índole. A quen lle interese porfavor que nos deixe un comentario coa a súa opinión ao respecto.

          Para tódalas familias, sabede que podedes facervos socias ingresando a cuota anual de 15€/familia, poñendo o nome do/a neno/a e curso, na seguinte conta:

     ES83 2080 5070 7730 4000 7066

          ¿Para qué facernos socias se con toda esta situación a ANPA non va a organizar actividades extraescolares?

– Estamos xestionando co comercio local de Vilanova de Arousa para conseguir algúns beneficios para os socios.

– Coa vosa aportación estaredes apoiando a educación dos voso fillos, xa que a ANPA está moi implicada activamente e económicamente en proxectos que pensamos beneficiosos para todo o alumnado do CEIP Viñagrande-Deiro (Proxecto de Igualdade, Proxecto do Invernadoiro cunha horta ecolóxica, Proxecto do Patio, etc.). Podedes atopar máis información do que facemos navengando na nosa web.

– Facerse socio/a significa ter unha representación da vosa voz no centro escolar dos vosos/as fillos/as, significa forza para que o proxecto educativo que queremos salga adiante a pesar da adversidade, significa comunidade e unión.

                   ¿Nos apoias?