Escola de Verán – Musicaleando

O mércores comezamos o noso último taller deste verán en Viñagrande; O Taller Musical: MUSICALEANDO.🎼🎼

Nel xa tivemos dúas visitas ben especiais!!

O xoves veu a visitarnos Xose Lois D. Lucio, representándonos e acercándonos moi ben a música tradicional galega.

Tróuxonos un feixe de instrumentos. Todos aqueles que foi adoptando, como el mesmo nos contou, pola nosa terra nas súas viaxes.
Zoadeira, culleres, morteros e vieiras. 🎶🎶🎶
Almired, birinbao e trécolas. Chocas e choquiñas.
Cerro, tarrañolas, chifro, pandeiretas, gaita, pandeira, bombo, tamboril….. 🥁🥁
E nunha maleta, unha fermosa zanfona!!!

E con todos eles acercounos un pouquiño mais a nosa terra e a nosa lingua. Daba xenio escoitalo falar!! 💜💜

Cantamos, bailamos e incluso tivemos a oportunidade de tocar os instrumentos para descubrir como soaban cada un deles.
Cantas palabras esquecidas!!! Que bonito volvelas escoitar!!!

Grazas de corazón Lucio!!

Logo, o venres, acompañáronnos algúns membr@s da Banda de música de Vilagarcía.
Trompetas, clarinetes, saxofón, trombón…🎼🎷🎺🎼

Que bonito foi escoitarvos!!! E que alegría conseguir que a nosa querida Raquel tocase para nós!!! Graciñas por acompañarnos.😍😍

Foron días cheos de alegría onde as nosas crianzas gozaron da música, porque cando a amizade se xunta coa música, séntese maxia. E alí había MAXIA!!!

 

 

Por favor acceder para comentar.

Información básica sobre protección de datos

  • Responsable ANPA Ceip Viñagrande Deiro .
  • Finalidad Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios Professional Hosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en el Aviso Legal.