RIFAS DA ANPA

Como tódolos anos, estamos BUSCANDO un PATROCINADOR para as nosas tradicionais RIFAS de Nadal. É moi importante para nós, xa que o diñeiro recadado vai para o proxecto que estamos a realizar dun patio máis saudable no cole d@s nos@s fill@s. 🦸‍♀️🦸‍♂️ http://anpaceipvinhagrandedeiro.org/?p=91


💖¡PRECISAMOS A COLABORACIÓN DE TÓDALAS FAMILIAS nesta andaina xuntos!💖

ALICE GUY NO COLE!

A golpe de luns podemos dicir coa boca ben grande que gozamos dunha fantástica comunidade educativa! 😍

Resultado da colaboración ANPA co cole, o pasado venres disfrutaron infinito as peques do Ceip DE Viñagrande Deiro con Alice Guy (a muller que creou o cine) da man de Raquel Queizás 🤩🤩🤩


Seguiremos traballando para que isto se manteña 😊😊

logos: Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad e Vicepresicencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Secretaría Xeral de Igualdade

Subvención de formación en igualdade

A Secretaría Xeral de Igualdade ven de comunicarnos a concesión dunha subvención de €4000 para formación en cuestións de igualdade e xénero.

A Anpa CEIP Viñagrande Deiro presentouse no mes de xuño a esta convocatoria cun ambicioso proxecto que recolle agora os resultados e cuxos froitos poderán ser disfrutados por toda a comunidade educativa ao longo de todo este curso académico, especialmente no primeiro trimestre do curso.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191016/AnuncioG0244-081019-0005_gl.html

logos: Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad e Vicepresicencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Secretaría Xeral de Igualdade

Comisión de apoios para NEE e NEAE

Na asemblea da ANPA celebrada no día 25.2019, un grupo de familias acordaron conformar unha comisión para esixir á Consellería a dotación do centro cos recursos humanos precisos para dar unha atención digna ao alumnado con NEE e NEAE que conforman arredor dun 25% da matrícula, entre casos valorados e posibles casos aínda sen valoración.

Se tes interese en participar nesta comisión, rexístrate aquí e incluirémoste na lista de distribución/grupo de whatsapp a través da que se xestionarán as comunicacións.

Comisión de trasporte

Na asemblea da ANPA celebrada no día de onte, 25.2019, un grupo de familias acordaron conformar unha comisión para analizar as posibilidades de ampliar o percorrido ou abrir liñas novas que dean servizo a escolares procedentes de concellos veciños, sendo especialmente a demanda procedente de Vilagarcía de Arousa.

Se tes interese en participar nesta comisión, rexístrate aquí e incluirémoste na lista de distribución/grupo de whatsapp a través da que se xestionarán as comunicacións.

Queres vir só unha noite?

Parece que hai interese entre as familias para asistir á excursión de Oia só un dia ou só unha noite.

Non hai problema! Acabamos de modificar o formulario para que poidas escoller número de noites e especificar cal queres quedar.

O resto das reservas efectuadas antes desta modificación consérvanse con dúas noites de reserva. En caso de querer modificalas, reenvía a túa reserva e a última será considerada válida.

Aquí che deixamos a ligazón para reservas e modificacións:

Aínda podes apuntarte!

Na ponte das letras galegas marchamos de excursión a Oia!

Vai ser todo unha aventura: veremos castros na noite, buscaremos vellos piratas que atacaron un mosteiro e, se o tempo nos deixa, darémonos un baño impresionante e merecido nas pozas de Mougás despois dunha andaina pola natureza.

VASTE PERDER ESTE PLAN??

Se che apetece acompañarnos revisa o programa e fai a túa reserva aquí!

Remate do período de admisión no CEIP Viñagrande de Deiro

Este mércores 20 de marzo remata o período de admisión para o curso 2019 – 2020 de novo alumnado no CEIP Viñagrande de Deiro.

Toda a información ao respecto está na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/) onde poderedes consultar:

  • As prazas vacantes.
  • As instruccións a seguir.
  • A documentación a entregar.
  • O Anexo II de solicitude de admisión.

*Nota importante: O alumnado xa matriculado neste centro ten garantida a permanencia sen necesidade de realizar ningún tipo de xestión. Non obstante, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo á secretaría do C.E.I.P. Viñagrande- Deiro.

Xa queda moi pouco tempo – Animámosvos a que non deixedes pasar a oportunidade de formar parte dun proxecto educativo innovador, respectuoso cos ritmos das nosas pequenas e moi motivador para elas e para as familias!

Esperámosvos en Viñagrande!