Un patio especial para un cole especial


Dende Acción Magistral pídennos unha entrada para o seu blogue, como proxecto seleccionado entre os gañadores. Aquí vos deixamos a versión en galego.

Un patio especial para un cole especial

Sabemos que o somos e témolo.

Explica a RAG “especial”

1. adj. Que posúe características particulares e distintas ás doutros.

O cole de Viñagrande ten un singular equipo docente que fixo posible o incrible. Emprenderon o camiño cara a un proxecto educativo propio, especial, bebendo de moitas fontes e adaptando as aprendizaxes de forma dinámica e constante á contorna e ás necesidades das nosas fillas e fillos.

Atraeron familias da comarca cunha visión do desenvolvemento infantil na que aprender é xogar, investigar, crear, conectar e gozar.

A tensión, a monotonía, a rutina, o aburrimento non xogan no noso patio.

As familias apoiamos as iniciativas e propostas do cole, gozamos e aprendemos ao seu mesmo compás coma se fósemos peques, e enriquecemos a vida da escola con miles de ideas orientados polo noso singular equipo docente que nos axuda a integrar as achegas na xornada escolar e tamén na vida extraescolar.

Dicía o Principiño “todas as persoas maiores foron nenos pero poucos o lembran”.

En Viñagrande si. Todos os días. Nin sequera no verán esquecémonos do cole, nin grandes nin pequenos. Seguimos traballando, aprendendo e gozando. Para as nosas fillas e fillos cada día é unha festa de compartir coa comunidade educativa do CEIP Viñagrande de Deiro.

Todos e todas en conxunto formamos un cole especial nun espazo que é a casa desta comunidade singular.

Pronto teremos, tamén fóra, música,  asemblea, arte, natureza, movemento e ritmo.

E ademais dun proxecto especial e singular, o noso patio, o da nosa casa, o noso cole, será particular.

E especial.

Novo agradecemento

De novo temos que agradecer a todas as familias colaboradoras o esforzo feito para recadar os máis de €6000 que permitirán a construcción do novo patio dinámico do cole.

Sabemos que non todas puidestes participar na mesma medida, pero contodo, queremos agradecer todos e cada un dos mínimos e máximos esforzos que fixestes para conseguir que o espazo no que os nosos e vosos fillos e fillas pasan moitas horas á semana, sexa o lugar máis incrible que poidamos imaxinar.

Grazas!!

Camiñando cara AQUÍ:

Proposta de patio dinámico para o cole CEIP Viñagrande de Deiro CC00

Conseguímolo!!

Conseguímolo!! Gañamos o premio de Acción Magistral

Agradecemos moito a todas as familias, amig@s, inimig@s, achegad@s e alonxad@s o voso voto e o voso apoio.

Recoñecemos que non sabiamos que o proceso ía ser este, disgústanos o método de votación pública que non garante fiabilidade na votación, convida á trampa e non premia aos mellores.

Contodo estamos felices de ter acadado algo máis de cartos para ir completando o noso proxecto do patio do cole.

Deixámosvos aquí o vídeo que votastes máis de 700 veces e o resultado da votación.

Grazas!!

Candidaturas ganadoras del Premio Acción Magistral 2018

Somos “Escuela Changemaker Ashoka 2018”!

Dende o CEIP de Viñagrande Deiro estamos de noraboa. A fundación sen ánimo de lucro Ashoka acada de recoñecer ao noso centro e ao seu proxecto educativo como unha das escolas “ChangeMaker” que axuda á transformación da sociedade.

A metodoloxía que se está empregando, os proxectos que o alumnado está Continuar lendo “Somos “Escuela Changemaker Ashoka 2018”!”

Descanso en Familia

Tocaron días de descanso, de familia, de reflexión, de novos proxectos e o balance non puido ser máis positivo.

Non nos gustan as despedidas porque se nos encolle un pouquiño o corazón pero gustaríanos volver a dar as grazas ao Ceip DE Viñagrande Deiro, Anpa Ceip Viñagrande Deiro , a cada unha das familias e aos nosos pequenos e pequenas pola vosa axuda e por compartir connosco este verán inolvidable. Continuar lendo “Descanso en Familia”

Escola de Verán 2018

Este verán, o noso proxecto educativo cruza a ponte e diríxese ó continente. ❣️🌺🌻🍀🐞🐟🐙🐶💜
O vento sopla para levarnos terra adentro. 🤸‍♀️💙💚🧡💜💛
Encantadas estamos de participar desta maneira nun cole cunha aposta pola innovación tan potente, como o está a facer o Ceip DE Viñagrande Deiro.
Gustosa foi tamén a xestión da súa Anpa Ceip Viñagrande Deiro.
Cheas de motivación, con moito para dar e abertas a recibir agardamos ás nenas e nenos de Viñagrande. 🤸‍♀️👌🏽💜