Coa fin de facilitar o acceso a información sobre os temas tratados no consello escolar, así como para recoller calqueira achega, os números de contacto dos representantes das familias están expostos no taboleiro á entrada do centro.
Asemade, faranse resumos sobre cada reunión do consello que se irán publicando nesta páxina web, para favorecer o acceso a información de todas as familias.
Consello Escolar 28/06/24
No CEIP de Viñagrande-Deiro, ás 12:00 horas do día 28 de xuño de 2024
reúnese o Consello Escolar coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación da acta anterior se procede
Apróbase a acta da sesión anterior con data de 23-01-2024
- Aprobación da memoria final.
Apróbase a memoria final.
- Aprobación da participación en Contratos Programa 24-25 (CPInnova e
CPInclúe)
Manuel Piñeiro Sánchez, o director, sinala que se dará continuidade ás liñas que se desenvolveron no curso actual e se valorará a participación en outras modalidades.
Apróbase a participación en Contratos-Programa para o vindeiro curso.
4 Aprobación da participación distintas modalidades Proxecta 24-25
Apróbase a participación en Plan Proxecta.
- Aprobación da participación no PLAMBE
Apróbase a continuación de participación no PLAMBE para o curso 2024-25.
7.- Aprobación da participación proxectos relacionados co uso e fomento
da Lingua Galega.
Apróbase a continuación de participación no plans e proxectos relacionados con
uso e fomento de Lingua Galega
8.- Aprobación da participación no programa Voz Natura
Apróbase a continuación de participación no programa Voz Natura para o vindeiro
curso 2024-25
9.- Aprobación participación convocatoria Club de Lectura
Apróbase a continuación de participación no Club de Lectura 24-25 (1ª vez que se participa)
10.- Valoración Enquisa de Convivencia curso 22-23.
Manuel Piñeiro Sánchez, informa que sería interesante valorar os datos derivados da enquisa, aínda que a participación tanto das familias como do profesorado foi moi escasa.
11.- Elaboración de documentación do Centro.
A revisión das NOFc se realizará o 1º trimestre do curso 24-25
12.- Rolda de Intervencións:
Manuel Piñeiro Sánchez, informa que actualmente hai 42 solicitudes de praza para o servizo de comedor escolar. A día de hoxe hai 21 prazas aprobadas, e desde o servizo de Comedores Escolares informan que se podería aumentar un 20% das prazas actuais.
Valorase a posibilidade de xestionar unha alternativa para atender as necesidades de todas as familias que solicitaron o servizo.
Fálase sobre o funcionamento das comisións de familias no pasado curso e de cara o vindeiro para continuar coa súa actividade.
Consello Escolar 23/01/24
O pasado martes 23 de xaneiro, ás 18 h, tivo lugar na biblioteca do centro unha xuntanza con carácter ordinario coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación acta anterior.
2.- Información sobre a conta de xestión de orzamento do centro; xustificación económica do 2023.
3.- Proposta de orzamento para o ano 2024.
Explícase previsión de melloras en aulas de 5° e 6° así como acondicionamiento do patio, ximnasio e iluminación do centro, entre outras intervencións posíveis.
4.- Comisión de Convivencia;Revisión de documentación do Centro:NOF:
Coméntanse os pasos a seguir cara a modificación deste documento, de xeito que as familias teñamos a posibilidade de facer achegas. A previsión é poder continuar coa modificación do plan de convivencia despois da modificación das NOF.
5.- Rolda de intervencións;
- A equipa directiva informa sobre a adxudicación dun 2° premio INNOVAGAL por parte da Xunta.
- Pregúntase sobre a próxima apertura do comedor, que está prevista para o 1 de marzo, cun total de 20 plazas para alumnado nunha sola quenda. Cara o vindeiro curso é previsível que este número poida extenderse ao autorizar varias quendas por parte da Xunta.
- Matriculación vindeiro curso; infórmase de que haberá xornadas de portas abertas, para dar a coñecer o centro e o seu proxecto educativo.
——————————————————————————————–
Consello Escolar 10/10/23
O pasado martes 10 de outubro, ás 18 h, tivo lugar na biblioteca do centro unha xuntanza con carácter ordinario coa seguinte orde do día:
- Aprobación da PXA para o curso 23/24.
Tras o estudio previo, por parte dos membros do Consello Escolar, do documento no que se expón a PXA para este curso, comunícanse por parte da Dirección do centro todos os cambios introducidos no mesmo dende a última lectura tras a detención de algúns erros.
Tamén se aclara que se participará novamente en Xogade pero, excluiranse todas aquelas probas nas que exista segregación por sexos por entender que non concorda co ideario do centro.
Aprobase entón por votación a favor de todos os presentes a PXA para o curso 23/24.
O director comunica que tamén foi aprobada polo Claustro de Profesores. - Rolda de intervencións.
Pregúntase e debátese cómo vai ser a organización, funcionamento e coordinación entre as comisións de familias de convivencia e biblioteca (pendientes de poñerse en marcha) e as mesmas comisións existentes xa dentro do Consello Escolar.
Quedouse en convocar no mes de novembro outra xuntanza no que éste sexa o único punto a tratar. - —————————————————————————————-
Consello Escolar 14/09/2023:
O pasado xoves 14 de setembro, ás 14:00 horas, tivo lugar na biblioteca do centro unha xuntanza de carácter urxente coa seguinte orde do día:
1.- Renovación membros do Consello Escolar.
Dende a equipa directiva infórmasenos da renovación de dous membros do Consello Escolar. Por unha banda tras causar baixa Rafael Carro Santorun, e en base ao que indica a lexislación vixente, entraría a formar parte do mesmo tras correr a listaxe de persoas candidatas a representantes das familias, Diego José Díaz Piñeiro.
Por outra banda, e tras os cambios acontecidos no Concello de Vilanova, o seu anterior representante no Consello Escolar, Manuel Sineiro Cores, tamén causaría baixa e pasaría a ocupar a súa praza Áurea Bermúdez Oubiña.
2.- Aprobación da continuidade no Club de Ciencias.
Apróbase por unanimidade a Continuidade do centro no programa do Club de Ciencias.
3.- Aprobación uso de espazos.
Apróbase por unanimidade a utilización por parte da ANPA, sempre baixo a súa responsabilidade, dos diferentes espazos do centro para levar a cabo reunións, actividades, sempre que o estime oportuno.
———————————————————————————————
Consello escolar 09/05/23
1. Aprobación da acta anterior.
2. Elección de membros para a Comisión de Selección da dirección do Centro.
Dende a equipa directiva explícase que a día de hoxe so hai un único proxecto presentado, sendo este o da equipa vixente. O prazo de presentación rematou o día 08/05/23, polo cal, a non ser que chegue un proxecto externo ao centro estes días, a única proposta existente sería a presentada por eles.
Segundo a orde que regula o nomeamento da nova directiva, a Comisión de Selección deberá estar integrada polos seguintes membros:
– 3 membros do profesorado.
– 3 membros do Consello Escolar non docentes.
– 2 persoas propostas por inspección.
– 1director/-a doutro CEIP das mesmas características que o noso centro.
Procédese polo tanto neste punto á elección das persoas membros do Consello Escolar non docentes, resultando eleitas as seguintes:
– Alba Hernández.
– Carmela Casas.
– Ruth Pedreira.
Unha vez eleitas, dende a directiva infórmase de que o proxecto presentado estará dispoñible para consulta das persoas integrantes da comisión en horario de mañá e tarde, sempre que haxa profesorado no centro, durante un prazo de 10 días.
3. Información sobre o proceso de admisión do alumnado.
A día de hoxe existe unha previsión de matrícula de dez alumnos/as. Estando repartidas as prazas da seguinte maneira:
– 4° de Ed. Infantil: 5 prazas.
– 5° de Ed. Infantil: 3 prazas.
– 1° de Ed. Primaria: 1 praza.
– 5° de Ed. Primaria: 1 praza.
De todas formas, estes datos non son definitivos, podendo aumentar a matrícula de aquí a setembro.
4. Participación das distintas comisión do Centro.
Dado o momento no que nos atopamos no presente ano escolar, neste punto o que se fixo foi analizar a participación das diferentes comisións e deixáronse recollidas as diferentes propostas do Consello Escolar de cara ao próximo curso.
A visión da directiva de cara ao proxecto de centro que presentan para o vindeiro curso escolar é o da creación de diferentes comisións que permitan servir coma nexo ás xa existentes no centro a todas as familias que queiran participar. Estas serían Comisión de Familias de Patio, Comisión de Familias de Horto, Comisión de familias de Biblioteca,…
Parello a isto estableceríase tamén un almanaque de xuntanzas para lograr que as diferentes comisións operantes no centro resulten prácticas e resolutivas. A idea é que haxa unha interrelación coas xa existentes no centro a través de xuntanzas comúns dos dous responsables de cada unha coa finalidade de axilizar o seu traballo.
Sendo o caso máis urxente o da Comisión de Convivencia, proponse meter por sistema na Orde do Día dos Consellos Escolares un punto fixo referente ao seu funcionamento. Ademais, proponse comezar coa revisión do Plan de Convivencia e facer, se así se ve, unha xuntanza para recoller achegas e así adiantar traballo feito de cara a cando se poña en marcha dita revisión.
Proponse que se proporcione un acceso de forma física ás familias aos documentos de centro, para así facilitar que os teñan máis a man no caso de querer consultalos ou acceder a eles. Dende a equipa directiva indican que iso xa ven recollido no Plan de Acollida proposto no novo Proxecto.
5. Rolda de intervencións.
A) Situación do Comedor Escolar.
Dende dirección informan de que tras falar tanto con Xefatura Territorial coma co Concello de Vilanova, teñen constancia de que a obra vaise facer e que estará lista para o comezo do novo curso escolar.
Agora mesmo estase pendente do envío dun terceiro orzamento ao centro co fin de remitírllelos a Xefatura territorial para que escollan o que máis lles convenzan.
Unha vez rematada a obra quedaría xa so ver a cargo de quen queda a xestión do comedor, e no caso de que as institucións non se fixesen cargo, quedaría a ANPA a cargo da mesma.
B) Proponse e aprobase o envío dun abalar de parte da comunidade educativa en apoio tanto ás familias das persoas damnificadas no accidente acontecido o día 05/05/23 no campo da festa de San Miguel de Deiro, coma á Comisión de Festas.
Ademais, acórdase poñer o centro á dispor da comunidade para o desenvolvemento de actividades ou intervencións que axuden ás crianzas e adultas que o precisen a interiorizar as propias vivencias sobre o acontecido.
———————————————————————————————-
Consello escolar extraordinario do 20/04/23.
Tras facer unha valoración actual da demanda das familias por un lado, e das necesidades do centro en canto a matriculación polo outro, valórase facer unha modificación nas obras de mellora do centro, coa fin de crear un comedor escolar.
Deste xeito, o espazo exterior que se contemplaba como carpintería, acomodaríase aos requerimientos de Sanidade para crear un comedor escolar que puidera dar servizo á demanda actual, contemplando ampliacións ou melloras unha vez emprendido o proxecto, se aumentase a demanda.
Apróbase por unanimidade do consello escolar ir adiante coa solicitude de comedor para intentar que se poida poñer en marcha o vindeiro curso. Isto dependerá de varios factores como o remate das obras necesarias, e a modalidade de xestión do comedor que veña concedido. (Xestión a cargo da Xunta, ou xestión a cargo da ANPA)
———————————————————————————————
Consello escolar 31/01/23:
1-Aprobación de contas curso 21/22 e previsión de orzamento curso 22/23.
2-OBRAS DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DE ESPAZOS;
Apróbanse obras consistintes en;
– Colocación de tarima en aulas de primeiro e segundo ciclo durante o presente curso.
– Tabicado da aula de música para a creación de espazo de cociña con acceso exterior.
– Tabicado da actual aula 2° para creación de nova aula inclusiva + espazo audiovisuais.
– Creación de espazo de taller de carpintería nos vestiarios exteriores.
– Acondicionamento do soto para espazo de almacenaxe accesible.
3- Rolda de intervencións nas que se transmite inquedanza sobre as actividades levadas a cabo como despedida do primeiro trimestre, que se viron modificadas por mor da climatoloxía.
Anímase a achega de propostas e a participación activa da comunidade educativa.
Comunícase que habera xornada de portas abertas coa fin de favorecer a matriculación de novos alumnos mediante a explicación da metodoloxía, a filosofía e os espazos do centro.