Curso de Comunicación Non Violenta (CNV)

Curso de Comunicación Non Violenta (CNV)

Aprender a comunicarnos dende a empatía

Dende o ANPA queremos convidar ás familias a participar nun curso de Comunicación Non Violenta (CNV), unha proposta para mellorar a maneira na que nos comunicamos con nós mesmos e cos demais: fillos e fillas, parella, profesorado e comunidade educativa.

️ Que é a Comunicación Non Violenta?

A Comunicación Non Violenta (CNV), creada por Marshall B. Rosenberg, é unha forma de comunicarnos baseada na empatía, a comprensión e o respecto mutuo.
Axúdanos a expresar o que sentimos e necesitamos, e a escoitar aos demais sen xuízos nin críticas.

A CNV propón catro pasos sinxelos pero transformadores:

  • Observar sen xuízos o que está a pasar.
  • Identificar o que sentimos.
  • Recoñecer as nosas necesidades.
  • Facer peticións claras e respectuosas para mellorar a relación.

O obxectivo é crear conexión en lugar de conflito, e atopar solucións que teñan en conta as necesidades de todas as persoas implicadas.

Por que é útil para as familias?

Na vida diaria é fácil caer en malentendidos, nervios ou discusións.
A CNV ofrécenos ferramentas para:

  • Manter a calma e comunicarnos dende a empatía.
  • Poñer límites con respecto.
  • Fomentar un ambiente familiar e educativo máis colaborativo.

Este curso será un espazo para aprender, practicar e compartir experiencias, construíndo relacións máis conscientes e respectuosas.

SOBRE O CURSO DE CNV – INTRODUCIÓN Á COMUNICACIÓN NON VIOLENTA

Unha proposta de intelixencia emocional para o crecemento persoal, baseada no proceso de Marshall Rosenberg.

O curso terá unha duración total de 8 horas, repartidas en dous días de fin de semana, para facilitar a participación das familias.

Será impartido por Carmen Sarmiento, instrutora certificada en Comunicación Non Violenta (CNV), mediación escolar e intelixencia emocional.
Tamén está formada en Focusing e Análise Transaccional, e é profesora de ensino secundario.

Obxectivo

Coñecer e practicar as bases da Comunicación Non Violenta.

Contidos

  • A función dos sentimentos.

  • A importancia das necesidades.

  • A autoempatía e a xestión emocional.

  • A escoita empática.

Datas: 15 e 16 de novembro
Horario: venres 15 de 16:00 a 20:00 · sábado 16 de 10:00 a 14:00
Lugar: CEIP Viñagrande
Imparte: Carmen Sarmiento
✉️ Inscricións e máis información: WhatsApp ANPA 644 03 66 49

Ola!

Un ano máis ponse en marcha a Xogoteca de Verán nas instalacións do noso cole.

Se estades interesad@s en que @s vos@s fill@s participen, facede a inscripción entrando no seguinte enlace.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSefZCs3V0SOBFh8P9WhbwTWLjPKIw2H1qKq24BzKZGJl71OBA/viewform?vc=0&c=0&w=1&flr=0

Acampada en Familia
Ao igual que o ano pasado, dende a ANPA A Prixela vimos de organizar a seguinte Acampada en Familia coma broche final ao curso 2023-2024.

Levarase a cabo no Camping Cachadelos, en Praia Major, Sanxenxo, na fin de semana do 8 ao 9 de xuño.

Se desexades participar a data límite para anotarse é o sábado 25 de maio. Para elo, deberedes enviar un WhatsApp ao ☎️ 644 03 66 49.

No caso de non poder pernoctar, podedes vir a pasar o día igualmente

Animádevos a participar, pasarémolo xenial!

Asamblea e Encontro de Primavera

O próximo sábado 27 abril, a ANPA convida a todas as familias a un día de actividades e encontro:

11:00 Almorzo a cargo da ANPA (zumes naturais, tostas, cafe, rosca,…)

11:30 ASAMBLEA Xeral extraordinaria, moi importante a vosa asistencia e voto. Temas a tratar: situación reclamacións feitas o Concello, Seguro de accidentes, Acampada de familias para fin de curso, Renovación de cargos, Rogos e preguntas.

13:30 XANTAR, comeremos xuntos no monte o lado do cole (cada familia encárgase de traer o seu xantar)

Despois TARDE DE XOGOS en familia para disfrutar !!!!

Concurso canción Lingua de signos

Outro ano máis o noso colexio presentámonos ao concurso de Lingua de Signos ✨, queremos dar a coñecer a canción, creada e cantada polos neno/as, profes e familias e que fala do Concello de Vilanova de Arousa.

Se che gusta invítamoste a que votes no seguinte enlace: https://www.faxpg.es/votar-cantamos-con-las-manos-2024-es…

Disfrutade ☺️ do vídeo da canción: https://www.youtube.com/watch?v=hkTO7XXtHo4&t=165s

Saúdos e grazas.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Como se indica no documento axunto, convócase a todas as familias socias da ANPA “A PREXELA” do CEIP VIÑAGRANDE-DEIRO a Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar:

Data: sábado 27 de abril de 2024

Hora: 11 hrs en primeira convocatoria e 11:30 en segunda convocatoria

Lugar: aula de música do Colexio

Ca seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta da Asamblea anterior
  • Reclamacións feitas o Concello
  • Seguro de accidentes
  • Acampada de familias para fin de curso
  • Renovación de cargos
  • Rogos e preguntas
  • Recordade que a participación é importante para tomar decisións o máis representativas posibles.
  • Para calquer comunicación, contactade o móvil da ANPA 644 03 66 49 ou info@anpaceipvinhagrandedeiro.org

Festas ENTROIDO 2024

O pasado venres 16 de febreiro celebramos a nosa Festa de ENTROIDO, onde grandes e pequenos pasámolo xenial!!
Da man de Javi Solla bailamos, cantamos, xogamos… Grazas por unha animación tan divertida e grazas a todas as familias asistentes por estar tan animadas!!
No medio de tanta festa fixemos unha pequena parada para merendar e sortear a nosa Cesta de Entroido, que tocou no n° 1059 e que pasou a recoller a agraciada un pouquiño despois.
Tamén sorteamos entre todas as familias socias da Anpa uns agasallos ben chulos, sendo as afortunadas:- nº socia 18: un libro.- 40: unha mini cesta con lacón, grelos e chourizo.- 49: vale de 30 € para gastar en Panadería A Praza.- 66: viaxe para 2 adultos e un menor pola rura do mexillón.- 74: un libro.- 79: un libro. Noraboa a todas!


Queremos dar as GRAZAS a todos os colaboradores: Frutas Miguel Lago, Supernito, Montiño e Kolding. Panadería A Praza, Librería Nobel Vilanova (todos comercio de proximidade), Moelsa, Arco da Vella Apartamentos, Escuela Náutica Marevento, Sogaltec, Naviera Bahía Sub e Dzero Dixital.
Tamén ao Concello De Vilanova de Arousa pola sua colaboración coa animación.
E por suposto, agradecer a todas as familias a vosa axuda, implicación e esforzo.

Ludoteca de Nadal

Co fin de facilitar unha conciliación familiar e laboral, o conxunto de Anpas de Vilanova ven de acordar co Concello unha colaboración para levar a cabo unha Ludoteca de Nadal nos distintos coles.

Dita ludoteca levarase a cabo por parte da Animación Sociocultural Nydia entre o 22/12/23 e o 05/01/24, ambos inclusive, na Casa da Cultura de San Miguel de Deiro.

No caso das crianzas do CEIP Viñagrande, o custe para todo o período será de 35€ soci@s e 45€ non soci@s.

Se estades interesad@s en participar, poderedes anortarvos ata o vindeiro venres 15 de decembro, poñéndovos en contacto coa Anpa no ☎️ 644 03 66 49 ou no e-mail proxectos@anpaceipvinhagrandedeiro.org

De non chegar ó mínimo de 10 nen@s establecido para levar a cabo a ludoteca, daránselle opcións ás familias anotadas para que poidan conciliar indo á ludoteca de outro colexio cercano.

Para máis s información escríbenos un email ou chámanos ao 644 03 66 49.

Un saúdo,

ANPA A Prixela do CEIP Viñagrande-Deiro.