Para analizar as posibilidades de continuar co Plan Madrugadores posto en marcha o curso pasado, queremos transmitir e recoller a seguinte información:
- Moi importante que as familias que queiran utilizar este servizo de Plan madruga contesten a esta nota/enquisa, (só é necesario que contesten as familias interesadas, antes do venres 9 setembro)
- Estáse plantexando que o servizo sexa de balde no horario de 7:45 a 8:45, financiado polo Concello de Vilanova de Arousa, si se reúnan un número mínimo de familias (máis de 8 familias)
- As familias interesadas deberán presentar un Contrato de traballo / Certificado de empresa no que se reflexe o horario para xustificar a incompatibilidade dos titores para levar as/os neno/as a escola. Para as/os mariscadoras/es valería cun certificado da cofradía onde se indique que se realiza dita actividade. Teñen validez traballos ou actividades que se fagan por quendas e non precisen o servizo todos os días, xa que este servizo non implica usalo todos os días da semana, só naqueles días en que sexa preciso. Os autónomos emitiran un documento que reflicte a actividade que se leva a cabo e o horario.
- Na parte final da enquisa en Comentarios podedes expoñer as necesidades concretas para avaliar se se poden ou non levar a cabo; como sería empregar o servizo madrugadores dende as 7:00, algunha crianza con necesidade de coidados especiais, etc.
- Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa Anpa no tlf. ou wasap 644.036.649 ou no e-mail afavinhagrande@gmail.com
RELLENA ESTE SENCILLO FORMULARIO PARA INDICAR QUE ESTADES INTERESADOS EN FACER USO DO PLAN MADRUGA