Estimadas familias,
Dende a ANPA queremos ofrecer un espazo de diálogo para propiciar un bo clima na nosa comunidade educativa. Estamos a vivir uns tempos moi tensos cheos de incertidume e medo. Por iso queremos ser totalmente transparentes con todas vos, mantervos informadas e esclarecer tódalas dúbidas que poidamos.
Temos unha representante das familias no Equipo COVID do noso colexio. E por iso vos agradeceríamos que calquera cousiña que querades comunicar ou saber respecto a este tema, vos poñades en contacto con nós directamente. Temos a web, facebook, mail, etc., canles suficientes para manter una boa comuniación.
Queremos esclarecer varios puntos que a varias familias (incluímonos nos mesmas) xerou desconfianza, coma é o feito de enterarse polo xornal ou terceiros, antes que polo propio centro, dos positivos existentes:
- O Centro, a día de hoxe, a efectos legais non pode comunicar sobre a existencia de positivos no propio centro (agás aos que lles afecte directamente) a non ser que a persoa en cuestión así o autorice, xa que estaríase a violar a lei de protección de datos, que non só fai referencia a os nomes e apelidos, senon porque vulnérase a privacidade dos motivos da falta tanto do alumno/a como do mestre/a. Éste é un centro público e así esíxeo a Xunta. O propio centro está intentando facer cambios ao respecto, mostrando por escrito a súa disconformidade ás administracións pertinentes. Polo que vos pedimos un pouquiño de paciencia xa que é unha situación tensa para todas e todos.
- Se queredes estar ao día da cantidade de positivos que hai, estade atentos ao xornal porque sábeno antes que o propio centro (pasou xa en dúas ocasións no que se refire ao CEIP Viñagrande). Obteñen esta información directamente da Consellería de Sanidade (cousa que non entendemos pero é así).
- Queremos que no máximo do posible manteñades a calma (sabemos que é moito pedir, pero podemos facelo polas nosas/os fillas/os para procurar propiciarlles dentro do posible unha estabilidade emocional que agora mesmo é moi importante). Dende o centro se están a cumplir con tódolos protocolos sanitarios que lles esixe a Xunta para que o espazo sexa o máis seguro posible para toda a comunidade educativa. Dende a ANPA xa estamos estudiando novas propostas para que durante o inverno, as aulas non necesiten ter as fiestras abertas mentres os alumnos/as estean dentro.
Vos adxuntamos varias ligazóns informativas do voso interese:
Qúe pasa se temos un caso de COVID no noso centro?
Protocolos de COVID-19 dende a Consellería de Educación.
Por favor, se tendes dúbidas despóis de leer toda esta información, se queredes expresar a vosa opinión ou propoñer outras opcións ou puntos de vista, poñédevos en contacto con nós e nós achegaremos a información ao centro.
Creemos na comunicación sempre desde o respeto e a educación por parte de todos e cada un dos membros da comunidade educativa para xerar un clima o máis positivo posible para as nosas fillas/os. Moito ánimo e saúde para todos!