Curso de Comunicación Non Violenta (CNV)
Aprender a comunicarnos dende a empatía
Dende o ANPA queremos convidar ás familias a participar nun curso de Comunicación Non Violenta (CNV), unha proposta para mellorar a maneira na que nos comunicamos con nós mesmos e cos demais: fillos e fillas, parella, profesorado e comunidade educativa.
️ Que é a Comunicación Non Violenta?
A Comunicación Non Violenta (CNV), creada por Marshall B. Rosenberg, é unha forma de comunicarnos baseada na empatía, a comprensión e o respecto mutuo.
Axúdanos a expresar o que sentimos e necesitamos, e a escoitar aos demais sen xuízos nin críticas.
A CNV propón catro pasos sinxelos pero transformadores:
- Observar sen xuízos o que está a pasar.
- Identificar o que sentimos.
- Recoñecer as nosas necesidades.
- Facer peticións claras e respectuosas para mellorar a relación.
O obxectivo é crear conexión en lugar de conflito, e atopar solucións que teñan en conta as necesidades de todas as persoas implicadas.
Por que é útil para as familias?
Na vida diaria é fácil caer en malentendidos, nervios ou discusións.
A CNV ofrécenos ferramentas para:
- Manter a calma e comunicarnos dende a empatía.
- Poñer límites con respecto.
- Fomentar un ambiente familiar e educativo máis colaborativo.
Este curso será un espazo para aprender, practicar e compartir experiencias, construíndo relacións máis conscientes e respectuosas.
SOBRE O CURSO DE CNV – INTRODUCIÓN Á COMUNICACIÓN NON VIOLENTA
Unha proposta de intelixencia emocional para o crecemento persoal, baseada no proceso de Marshall Rosenberg.
O curso terá unha duración total de 8 horas, repartidas en dous días de fin de semana, para facilitar a participación das familias.
Será impartido por Carmen Sarmiento, instrutora certificada en Comunicación Non Violenta (CNV), mediación escolar e intelixencia emocional.
Tamén está formada en Focusing e Análise Transaccional, e é profesora de ensino secundario.
Obxectivo
Coñecer e practicar as bases da Comunicación Non Violenta.
Contidos
-
A función dos sentimentos.
-
A importancia das necesidades.
-
A autoempatía e a xestión emocional.
-
A escoita empática.
Datas: 15 e 16 de novembro
Horario: venres 15 de 16:00 a 20:00 · sábado 16 de 10:00 a 14:00
Lugar: CEIP Viñagrande
Imparte: Carmen Sarmiento
✉️ Inscricións e máis información: WhatsApp ANPA 644 03 66 49

