Xa están na biblioteca do cole os libros sobre educación afectivo-sexual e comunicación non violenta. Ademais da incorporación deste material, no marco do proxecto de igualdade deste curso, promovido pola ANPA, leváronse a cabo as actividades de educación afectivo-sexual para o alumnado, a charla para familias “Falas de sexualidade coas túas fillas e fillos?”e a charla de introdución á Comunicación Non Violenta, para familias e profesorado. Próximamente avisaremos para inscribirse no Curso de Introdución á CNV.
Como en anos anteriores, dende a ANPA estamos a desenvolver actividades a prol da igualdade. Desta volta propoñemos centrar a atención na comunicación coas nosas fillas e fillos, mais tamén entre as adultas membros da nosa comunidade educativa.
Dende a Comisión de Igualdade da ANPA propoñemos obradoiros para alumnado e familias coa fin de continuar o camiño cara este dereito. Nesta ocasión, a asociación AGASEX realizará ao longo do primeiro e segundo trimestre actividades co alumnado do centro e tamén coas familias.
A apendizaxe sobre a sexualidade é dinámica e dase ao longo de toda a vida, xa dende o momento en que nacemos. Queiramos ou non, estamos aprendendo e reaprendendo sobre sexualidade en múltiples situacións e escenarios da nosa vida, de xeito intencional ou non, de cativos, de adolescentes, na adultez e na vellez; isto significa que todas as persoas temos un papel na aprendizaxe sexual das demáis persoas. As familias, xunto co persoal educativo, as amizades e os mass media cumpren un papel primordial na aprendizaxe dos individuos. Nas etapas máis temperás son precisamente as familias quenes teñen un papel máis importante no tocante aos aprendizaxes relacionados coa sexualidade, é por iso que a sua implicación activa na educación afectivo sexual das e dos máis cativos resulta primordial para un desenvolvemento sexual saudable xa dende os primeiros anos de vida.
Dito isto, propoñemos que vos apuntedes ao obradoiro telemático “Falas de sexualidade coas túas fillas e fillos?” dirixido ás familias.
Para as familias de Primaria o taller será o luns 2 de novembro as 18:00. Falarase dos cambios corporais; diversidade sexual; menstruación; acceso a contidos de carácter sexual; actitudes hacia a sexualidade; afectividade e modelos de relacións; e expresión de xénero.
Para as familias de Infantil o taller será o luns 9 de novembro as 18:00. Falarase sobre o apego e afectividade; conductas masturbatorias; diversidade sexual; e actitudes hacia a sexualidade.
AGASEX facilítanos os seguintes formularios de preinscripción:
A formación realizarase a través de Google Meet. O venres pola tarde (sobre as 17:45) recibiredes un correo co enlace que vos proporcionará o acceso ao taller (por favor, entrade coa cámara apagada).