VIDEOXOGOS: NEGOCIO, LECER, LECER, ADICCIÓN E CONVIVENCIA

A comisión de familias da Asociación Pedagóxica Mudare convídanos a participar nesta actividade formativa e informativa, que consideramos tan interesante como necesaria e que irá da man de Antonio Rial Boubeta, doutor en psicoloxía social e profesor da USC.
A charla terá lugar o venres 16/04/21 ás 17:30 por vía telemática.

Deixámosvos o cartaz da actividade e a ligazón para inscrivirvos. Non a deixedes pasar!

http://bit.ly/videoxogos4

CAMBIO DA DIRECTIVA DA ANPA

Estimadas familias,

Neste mes de Febreiro, na asamblea ven de renovarse á dirección da ANPA.

Como novo equipo directivo queremos que a nosa primeira acción, sexa a de transmitir o máis sincero agradecemento ao anterior equipo, que durante 8 anos estiveron levando esta Asociación. Somos conscientes do seus esforzos, sacrificios e logros, sen elas hoxe a Asociación non estaría onde está. Gustaríanos resaltar as súas xestións e o seu traballo nos estupendos materiais para o patio, a organización das actividades extraescolares, as festas e reunións durante o ano; e incluso conseguiron este curso unha dotación para levar a cabo un invernadoiro para o colexio. Grazas!

Dito isto, tomamos o relevo nesta nova etapa, e queremos transmitirvos que continuamos coas portas abertas a todas as aportacións, dúbidas, suxestións e críticas construtivas que aporten as familias. Como  Asociación de Familias  trataremos de axudar á construír un entorno educativo o máis agradable posible, e para iso somos necesarias tódalas familias. Pedímosvos axuda e colaboración, e se conseguimos traballar todos xuntos, xa temos un bo camiño andado.

Esperamos que o próximo curso académico poida comezar de outro xeito, poder así convocar unha Asemblea presencial, e continuar traballando para mellorar o noso entorno educativo. Mentres tanto, a través da páxina web e Facebook  iremos transmitindo todas ás accións que se vaian realizando, e da mesma maneira estamos a vosa disposición.

Grazas,

Equipo Directivo ANPA VIÑAGRANDE DEIRO

“A autonomía na aula é posible”

InspiraTICs ofrécenos un encontro virtual moi enriquecedor tanto para mestres/as coma para familias, na súa Edición 2021. 

Falaranos sobre cómo iniciar a transición activa cara á autonomía dos alumnos na aula a través de cuestións como: a autorregulación da aprendizaxe e a súa transición cara á aprendizaxe baseada en proxectos e cómo a falta diso influíu no aumento da brecha curricular durante a pandemia ; a avaliación formativa e o seu papel esencial para a implicación do alumnado no proceso de ensino e aprendizaxe; ou o desenvolvemento de competencias nas aulas, exemplificado polas experiencias do Grupo de Actitudes e o seu Proxecto INCOBA, no que os contidos deixan de ter o papel preponderante para deixar paso ás competencias como eixo vertebrador do proceso de aprendizaxe.

Ao longo do encontro tamén teremos a oportunidade de escoitar testemuñas de profesores/as, alumnos/as e familias que nos contarán as súas experiencias con iniciativas que promoven a autorregulación progresiva e a adquisición de autonomía no proceso de ensino e aprendizaxe nas súas aulas. Responderán a preguntas como: qué pensan os nenos/as desta nova forma de traballar? Cómo o aceptan eles e as súas familias? Cáles son as posibles reticencias a este respecto? Qué supuxo a implantación da autorregulación en todo un centro educativo?

Todo isto e moito máis compartirano con quen se inscriba  o 27 de febreiro a partir das 17:30 horas (CET) no seguinte ligazón:

https://inspiratics.org/es/inspiratics/encuentros-inspiratics-2021/

O evento durará aproximadamente unha hora seguido dun encontro virtual cos seus protagonistas.

O plazo de inscripción cerrarase o día 26 ás 12:00h. (CET).

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA

Convócase asamblea para o vindeiro mércores 10 de febreiro ás 21:30. Ésta realizarase por videoconferencia na plataforma webex a través da seguinte ligazón:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m594768691d2b3d307aff3a3245e60602

 

Os puntos a tratar serán os seguintes:

– Revisión das contas.

– Proxectos en marcha.

– Renovación de cargos da directiva da ANPA.

– Rogos e preguntas.

 

Por favor, pedimos puntualidade para non demorar a reunión ata altas horas. A ligazón estará aberta media hora antes (ás 21:00 horas) para que todxs poidan estar preparadxs  (co micrófono silenciado) para comezar ás 21:30 horas en punto.

Agradeceríamos a máxima participación para que realmente a ANPA sexa unha representación da vosa voz.

Vémonos o mércores á noite!

NECESITAMOS VOLUNTARIOS

Para esta próxima semana (11-15 de xaneiro) precisamos de voluntarios/as para botar a area no areeiro do patio. Necesitamos que os voluntarios traian carretilla, pala e rastrillo.

Aínda que o traballo sexa no exterior, non fai falta dicir que hai que traer a mascarilla e gardar a distancia protocolaria.

Gustaríanos poder empezar mañá pola mañá. Os que poidades, contactade con nós, porfavor.

Moitas grazas de antemán!

COMUNICACIÓN NON VIOLENTA

Como en anos anteriores, dende a ANPA estamos a desenvolver actividades a prol da igualdade. Desta volta propoñemos centrar a atención na comunicación coas nosas fillas e fillos, mais tamén entre as adultas membros da nosa comunidade educativa.

Carta Non Violenta

Animádevos a participar!

“FALAS DE SEXUALIDADE COAS TUAS FILLAS E FILLOS?”

Dende a Comisión de Igualdade da ANPA propoñemos obradoiros para alumnado e familias coa fin de continuar o camiño cara este dereito. Nesta ocasión, a asociación AGASEX realizará ao longo do primeiro e segundo trimestre actividades co alumnado do centro e tamén coas familias.

A apendizaxe sobre a sexualidade é dinámica e dase ao longo de toda a vida, xa dende o momento en que nacemos. Queiramos ou non, estamos aprendendo e reaprendendo sobre sexualidade en múltiples situacións e escenarios da nosa vida, de xeito intencional ou non, de cativos, de adolescentes, na adultez e na vellez; isto significa que todas as persoas temos un papel na aprendizaxe sexual das demáis persoas.
As familias, xunto co persoal educativo, as amizades e os mass media
cumpren un papel primordial na aprendizaxe dos individuos. Nas etapas máis temperás son precisamente as familias quenes teñen un papel máis importante no tocante aos aprendizaxes relacionados coa sexualidade, é por iso que a sua implicación activa na educación afectivo sexual das e dos máis cativos resulta primordial para un desenvolvemento sexual saudable xa dende os primeiros anos de vida.

Dito isto, propoñemos que vos apuntedes ao obradoiro telemático “Falas de sexualidade coas túas fillas e fillos?” dirixido ás familias.

Para as familias de Primaria o taller será o luns 2 de novembro as 18:00. Falarase dos cambios corporais; diversidade sexual; menstruación; acceso a contidos de carácter sexual; actitudes hacia a sexualidade; afectividade e modelos de relacións; e expresión de xénero.

Para as familias de Infantil o taller será o luns 9 de novembro as 18:00. Falarase sobre o apego e afectividade; conductas masturbatorias; diversidade sexual; e actitudes hacia a sexualidade.

AGASEX facilítanos os seguintes formularios de preinscripción:

– Familias EP: https://forms.gle/aXZp6CoVMpUsioW88

– Familias EI: https://forms.gle/eFcaxAwzqyWV1ewK9

A formación realizarase a través de Google Meet. O venres pola tarde (sobre as 17:45) recibiredes un correo co enlace que vos proporcionará o acceso ao taller (por favor, entrade coa cámara apagada).

 

 

ESPAZO COVID-19

Estimadas familias,

Dende a ANPA queremos ofrecer un espazo de diálogo para propiciar un bo clima na nosa comunidade educativa. Estamos a vivir uns tempos moi tensos cheos de incertidume e medo. Por iso queremos ser totalmente transparentes con todas vos, mantervos informadas e esclarecer tódalas dúbidas que poidamos.

Temos unha representante das familias no Equipo COVID do noso colexio. E por iso vos agradeceríamos que calquera cousiña que querades comunicar ou saber respecto a este tema, vos poñades en contacto con nós directamente. Temos a web, facebook, mail, etc., canles suficientes para manter una boa comuniación.

Queremos esclarecer varios puntos que a varias familias (incluímonos nos mesmas) xerou desconfianza, coma é o feito de enterarse polo xornal ou terceiros, antes que polo propio centro, dos positivos existentes:

  1. O Centro, a día de hoxe, a efectos legais non pode comunicar sobre a existencia de positivos no propio centro (agás aos que lles afecte directamente) a non ser que a persoa en cuestión así o autorice, xa que estaríase a violar a lei de protección de datos, que non só fai referencia a os nomes e apelidos, senon porque vulnérase a privacidade dos motivos da falta tanto do alumno/a como do mestre/a. Éste é un centro público e así esíxeo a Xunta. O propio centro está intentando facer cambios ao respecto, mostrando por escrito a súa disconformidade ás administracións pertinentes. Polo que vos pedimos un pouquiño de paciencia xa que é unha situación tensa para todas e todos.
  2. Se queredes estar ao día da cantidade de positivos que hai, estade atentos ao xornal porque sábeno antes que o propio centro (pasou xa en dúas ocasións no que se refire ao CEIP Viñagrande). Obteñen esta información directamente da Consellería de Sanidade (cousa que non entendemos pero é así).
  3. Queremos que no máximo do posible manteñades a calma (sabemos que é moito pedir, pero podemos facelo polas nosas/os fillas/os para procurar propiciarlles dentro do posible unha estabilidade emocional que agora mesmo é moi importante). Dende o centro se están a cumplir con tódolos protocolos sanitarios que lles esixe a Xunta para que o espazo sexa o máis seguro posible para toda a comunidade educativa. Dende a ANPA xa estamos estudiando novas propostas para que durante o inverno, as aulas non necesiten ter as fiestras abertas mentres os alumnos/as estean dentro.

Vos adxuntamos varias ligazóns informativas do voso interese:

Qúe pasa se temos un caso de COVID no noso centro?

Protocolos de COVID-19 dende a Consellería de Educación.

Por favor, se tendes dúbidas despóis de leer toda esta información, se queredes expresar a vosa opinión ou propoñer outras opcións ou puntos de vista, poñédevos en contacto con nós e nós achegaremos a información ao centro.

Creemos na comunicación sempre desde o respeto e a educación por parte de todos e cada un dos membros da comunidade educativa para xerar un clima o máis positivo posible para as nosas fillas/os. Moito ánimo e saúde para todos!