CAMBIO DA DIRECTIVA DA ANPA

Estimadas familias,

Neste mes de Febreiro, na asamblea ven de renovarse á dirección da ANPA.

Como novo equipo directivo queremos que a nosa primeira acción, sexa a de transmitir o máis sincero agradecemento ao anterior equipo, que durante 8 anos estiveron levando esta Asociación. Somos conscientes do seus esforzos, sacrificios e logros, sen elas hoxe a Asociación non estaría onde está. Gustaríanos resaltar as súas xestións e o seu traballo nos estupendos materiais para o patio, a organización das actividades extraescolares, as festas e reunións durante o ano; e incluso conseguiron este curso unha dotación para levar a cabo un invernadoiro para o colexio. Grazas!

Dito isto, tomamos o relevo nesta nova etapa, e queremos transmitirvos que continuamos coas portas abertas a todas as aportacións, dúbidas, suxestións e críticas construtivas que aporten as familias. Como  Asociación de Familias  trataremos de axudar á construír un entorno educativo o máis agradable posible, e para iso somos necesarias tódalas familias. Pedímosvos axuda e colaboración, e se conseguimos traballar todos xuntos, xa temos un bo camiño andado.

Esperamos que o próximo curso académico poida comezar de outro xeito, poder así convocar unha Asemblea presencial, e continuar traballando para mellorar o noso entorno educativo. Mentres tanto, a través da páxina web e Facebook  iremos transmitindo todas ás accións que se vaian realizando, e da mesma maneira estamos a vosa disposición.

Grazas,

Equipo Directivo ANPA VIÑAGRANDE DEIRO