Acampada en Familia
Ao igual que o ano pasado, dende a ANPA A Prixela vimos de organizar a seguinte Acampada en Familia coma broche final ao curso 2023-2024.

Levarase a cabo no Camping Cachadelos, en Praia Major, Sanxenxo, na fin de semana do 8 ao 9 de xuño.

Se desexades participar a data límite para anotarse é o sábado 25 de maio. Para elo, deberedes enviar un WhatsApp ao ☎️ 644 03 66 49.

No caso de non poder pernoctar, podedes vir a pasar o día igualmente

Animádevos a participar, pasarémolo xenial!

Xogoteca de verán no CEIP Viñagrande

O verán pasado foi un éxito a xogoteca de verán no CEIP Viñagrande, así que este ano repetimos, para axudar as familias na conciliación e que as crianzas disfruten de xogos e aprendizaxe nun entorno coñecido, amigable e seguro.

Máis información sobre as actividades a realizar consulta este dossier de A.S. Nydia, que levará a cabo a xogoteca.

XOGOTECA-colegios_anexo

Acampada en familia

Este curso a ANPA propón a seguinte excursión de fin de curso: Acampada en familia.

Datas: fin de semán 10 e 11 xuño.

Lugar: Camping Ría de Arosa 1, Pobra do Caramiñal (posibilidade de acampar en tenda ou bungalows)

Máis info no seguinte cartel e enviando whatsapp ó 644 036 649.

Prazo inscripción ata ó 30 maio.

Animádevos a compartir todas as familias xuntas este fin de semana de diversión e amizade!

Oferta extraescolares 2022-2023

Actividades cuia inscrición xestiona a ANPA

ActividadeDía e horaLugarPrezoImparteContacto para inscrición
BAILE TRADICIONAL E PANDEIRETALuns 17 h
a 18 h
A Prixela15 €/mesXurxoANPA
COCIÑA
CREATIVA
Martes –
16:30 h a 18h
A Prixela15 €/mesNydiaANPA
PATINAXEMércores –
16 h a 17:30h
Pavillón de San Miguel15 €/mesNydiaANPA
TENISMércores –
18 h a 19 h
Pavillón de San Miguel12 €/mesDM Sport – Club Tenis RialANPA
IOGAMércores-
17:30 h a 18:30 h
Ximnasio Colexio17 €/mesNydiaANPA
BAILE MODERNOXoves –
16:30 h a 18h
Ximnasio Colexio14 €/mesNydiaANPA
TEATROSábado –
10:30 h a 11:30 h
Casa de cultura de San Miguel
15 €/mesNydiaANPA
XIMNASIA RÍTMICAVenres
16 h a 17 h
Ximnasio Colexio15 €/mesGrand JeteANPA

Actividades xestionadas directamente pol@s monitor@s/empresas

LABORES (Crochet e punto de cruz)Día a convir coa monitora Entre 1 h e 1 h e mediaCasa da Cultura de San Miguel25 €/mesMaríaMaría
699 560 991
KEMPO-KARATE-JIUJITSUConsultar na nosa web. horarios según idadesPavillón multiusos de Vilanova15 €/mesMarioMario
628 127 769 WhatsApp
Artes plásticas, percusión, batería, …Máis información na web www.caliveras.comAuditório de Vilanova50 % dto. na matrículaEscola de arte Caliverasinfo@caliveras.com ou tlfno.
644 072 503
  • As actividades impartidas por Nydia terán que contar con un mínimo de 10 incripcións, en Baile tradicional e pandeireta con 8 inscripcións e 4 inscripcións mínimas para a actividade de tenis.
  • Na actividade de cociña creativa os ingredientes a empregar serán a parte de custe da actividade.
  • Na activade de patinaxe é necesario ter patíns e proteccións. Para tenis, ter raqueta.
  • NOTA: A directiva da Anpa non se responsabiliza dos problemas que poidan xurdir no desenvolvemento das actividades dirixidas, que deben asumir os monitores ou entidades que as impartan. A labor da asociación é coordinar as altas e baixas así como a transmisión de información das distintas actividades.

XOGOTECA DE VERÁN 2022

Formulario de inscrición

Alerxias, medicacións ou outros datos que poidan repercutir na actividade da crianza
Tanto os periodos fixos como os días soltos

Curso de iniciación á Comunicación Nonviolenta 2022

O curso terá lugar o sábado 30 de abril de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 na casa da cultura de San Miguel de Deiro.

INSCRÍBETE AQUÍ ANTES DO 24 DE ABRIL! (prazas limitadas)

A Comunicación NonViolenta (CNV) é unha linguaxe, unha intención, un estar… libre de culpa, vergoña, xuízos, críticas e exixencias.

Queres saber máis?


https://www.asociacioncomunicacionnoviolenta.org/que-es-la-cnv/
https://www.asociacioncomunicacionnoviolenta.org/carmen-sarmiento/

https://es.wikipedia.org/wiki/Comunicaci%C3%B3n_no_violenta

Enquisa sobre o uso da ludoteca no verán

Dende a Anpa estamos a traballar para organizar unha ludoteca nos meses de verán que
facilite a conciliación familiar e laboral das familias desta comunidade educativa.
Co fin de coñecer as necesidades concretas das familias agradecemos indiquedes, mediante esta enquisa, a disposición a usar ou non este servizo de ludoteca, xa que todas
as propostas que temos requiren un mínimo de asistentes.

Escolle no despregable a resposta
Podes escoller unha ou máis opcións
número de participantes por unidade familiar
Número de teléfono de contacto

Información sobre algunhas actividades extraescolares dispoñibles na contorna para o curso 2021-2022

Na escola de arte Caliveras tes un 50% de desconto na matrícula por ser soci@ da ANPA

Piscina municipal de Vilagarcía

Duración da actividade:

-Mensual – mes natural (de día 1 a 31)

-Cuatrimestral – do 1 de outubro de 2021 ao 31 de xaneiro do 2022 (dependendo do día seleccionado)

Non hai parón por vacacións, hai clases sempre (excepto festivos)

Curso de iniciación á Comunicación non violenta

Enmarcado no programa “Camiñando cara a igualdade 2020” vaise levar a cabo o curso de introdución á Comunicación non violenta para docentes e familias, impartido por Carmen Sarmiento, formadora certificada polo CNVC. Terá lugar o sábado 22 de maio na casa da cultura de San Miguel, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Prazas limitadas! Inscríbete no seguinte formulario

A Comunicación non violenta é un proceso de comunicación creado por Marshall Rosenberg. A súa base é o traballo de empatía profunda como competencia esencial para a vida e a cultura da Paz, para a transformación das emocións e o empoderamento persoal e grupal. Fainos partícipes dunha comunicación que busca atopar valores máis profundos e un diálogo creativo e transformador con unha mesma e coas demáis.

O seu obxectivo é coidar todas as relacións, baseadas no respeto, a empatía, a comprensión e a cooperación. Previr a violencia e a ruptura de diálogo, cos que nos rodean e con unha mesma, coidando manter o vínculo entre as persoas.

No noso contexto a CNV pode aportarnos recursos persoais útiles na mellora da comunicación e as relacións colaborativas, no desenvolvemento de capacidades cara as dificultades que xurden acotío na vida escolar e na prevención e resolución de conflitos.