Enmarcado no programa “Camiñando cara a igualdade 2020” vaise levar a cabo o curso de introdución á Comunicación non violenta para docentes e familias, impartido por Carmen Sarmiento, formadora certificada polo CNVC. Terá lugar o sábado 22 de maio na casa da cultura de San Miguel, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Prazas limitadas! Inscríbete no seguinte formulario
A Comunicación non violenta é un proceso de comunicación creado por Marshall Rosenberg. A súa base é o traballo de empatía profunda como competencia esencial para a vida e a cultura da Paz, para a transformación das emocións e o empoderamento persoal e grupal. Fainos partícipes dunha comunicación que busca atopar valores máis profundos e un diálogo creativo e transformador con unha mesma e coas demáis.
O seu obxectivo é coidar todas as relacións, baseadas no respeto, a empatía, a comprensión e a cooperación. Previr a violencia e a ruptura de diálogo, cos que nos rodean e con unha mesma, coidando manter o vínculo entre as persoas.
No noso contexto a CNV pode aportarnos recursos persoais útiles na mellora da comunicación e as relacións colaborativas, no desenvolvemento de capacidades cara as dificultades que xurden acotío na vida escolar e na prevención e resolución de conflitos.