FESTA DO SAMAIN

Bos días familias!

Este ano temos a nosa FESTA DO SAMAIN o domingo 10 de novembreo de 16:30 a 19:30 na Casa da cultura de San Miguel de Deiro. É imprescindible que os nenos veñan acompañados de adultos pois gustaríanos que as festas que organiza a ANPA sirvan para ter momentos onde poder crear comunidade, ligazóns entre as familias e, porque non, amizade.

Vos animamos a que traiades un postre para degustar entre todos e de paso participar nun modesto concurso. Tamén terá lugar un taller-concurso de cabazas. Para iso, cada nen@ deberá traer unha cabaza baleira e material para a súa decoración. Haberá música e moita diversión…

A velada rematará cunha saída ao bosque (se o tempo o permite) coas cabazas encendidas para rememorar unha das tradicións máis ancestrais que temos en Galicia.

Agora só falta que participedes e veñades disfrazados!

Cantos máis sexamos máis diversión!