A ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro súmase ao rexeitamento ante a propaganda LGTBIQ+fóbica que o colectivo Hazte Oir está a facer chegar aos centros educativos, e sumámonos así á protesta liderada pola Rede Educativa de Apoio LGTB de Galicia.
Queremos fillas e fillos libres nun mundo libre – que sexan felices e fagan felices a outras persoas lonxe de odios retrógrados que atentan contra os dereitos das persoas.
Rexeitamos polo tanto como ANPA e como comunidade educativa as manifestacións de odio por razóns de orientación sexual ou por calquera outra razón e apoiaremos calquera iniciativa destinada a utilizar todas as ferramentas legais dispoñibles para prohibilas e erradicalas da nosa sociedade.
Querémonos libres, queremos un mundo libre de agresións machistas e LGTBIQ+fóbicas