O mércores comezamos o noso último taller deste verán en Viñagrande; O Taller Musical: MUSICALEANDO.🎼🎼
Nel xa tivemos dúas visitas ben especiais!!
O xoves veu a visitarnos Xose Lois D. Lucio, representándonos e acercándonos moi ben a música tradicional galega.
Tróuxonos un feixe de instrumentos. Todos aqueles que foi adoptando, como el mesmo nos contou, pola nosa terra nas súas viaxes.
Zoadeira, culleres, morteros e vieiras. 🎶🎶🎶
Almired, birinbao e trécolas. Chocas e choquiñas.
Cerro, tarrañolas, chifro, pandeiretas, gaita, pandeira, bombo, tamboril….. 🥁🥁
E nunha maleta, unha fermosa zanfona!!!
E con todos eles acercounos un pouquiño mais a nosa terra e a nosa lingua. Daba xenio escoitalo falar!! 💜💜
Cantamos, bailamos e incluso tivemos a oportunidade de tocar os instrumentos para descubrir como soaban cada un deles.
Cantas palabras esquecidas!!! Que bonito volvelas escoitar!!!
Grazas de corazón Lucio!!
Logo, o venres, acompañáronnos algúns membr@s da Banda de música de Vilagarcía.
Trompetas, clarinetes, saxofón, trombón…🎼🎷🎺🎼
Que bonito foi escoitarvos!!! E que alegría conseguir que a nosa querida Raquel tocase para nós!!! Graciñas por acompañarnos.😍😍
Foron días cheos de alegría onde as nosas crianzas gozaron da música, porque cando a amizade se xunta coa música, séntese maxia. E alí había MAXIA!!!