Dende o CEIP de Viñagrande Deiro estamos de noraboa. A fundación sen ánimo de lucro Ashoka acada de recoñecer ao noso centro e ao seu proxecto educativo como unha das escolas “ChangeMaker” que axuda á transformación da sociedade.
A metodoloxía que se está empregando, os proxectos que o alumnado está desenvolvendo, as iniciativas a prol da participación das familias, as propostas didácticas no interior das aulas e outras moitas realidades foron valoradas por Ashoka Educación como transformadoras e de gran calado educativo e social.
Constitúe un novo recoñecemento que debe axudarnos a sentirnos orgullosos do noso centro e do proxecto educativo que se está desenvolvendo e que nunca deixará de mellorar.
Noraboa a toda a comunidade educativa!