Este curso, como en anos anteriores, a ANPA continua con interesantes actividades a prol da EDUCACIÓN EN IGUALDADE, financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Convidamos a toda a comunidade educativa: docentes e familias (nais, pais, avós/as, etc) ó seguinte taller formativo:
- “Coeducación emocional para as boas vidas: os coidados no centro do sistema”.
- Sábado 4 novembro de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:30 hrs
- Lugar: no CEIP Viñagrande (Deiro)
- Impartido por Sara Vierna de ALMAS MERAKI, https://almasmeraki.es/almas-meraki/
- Contido: este taller abordará temas como as relacións nos espazos educativos, a expresión do malestar emocional, o acompañamento desde o sistema educativo e as familias. A formación facilitarase desde unha perspectiva feminista e desde o acompañamento emocional, recurrindo a metodoloxías e enfoques como a Comunicación Non Violenta, a Neurobioloxía Interpersoal, o Mindfulness e o Coaching educativo.
Hai prazas limitadas, polo tanto invitámosvos a inscribiros a través do móvil da ANPA 644.03.66.49 ou ó noso email proxectos@anpaceipvinhagrandedeiro.org
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.