Tes que estar conectadx para ver este contido.
Protexido: Acta da Asamblea Extraordinaria da ANPA_Abril 2024
O próximo sábado 27 abril, a ANPA convida a todas as familias a un día de actividades e encontro:
11:00 Almorzo a cargo da ANPA (zumes naturais, tostas, cafe, rosca,…)
11:30 ASAMBLEA Xeral extraordinaria, moi importante a vosa asistencia e voto. Temas a tratar: situación reclamacións feitas o Concello, Seguro de accidentes, Acampada de familias para fin de curso, Renovación de cargos, Rogos e preguntas.
13:30 XANTAR, comeremos xuntos no monte o lado do cole (cada familia encárgase de traer o seu xantar)
Despois TARDE DE XOGOS en familia para disfrutar !!!!

Outro ano máis o noso colexio presentámonos ao concurso de Lingua de Signos
, queremos dar a coñecer a canción, creada e cantada polos neno/as, profes e familias e que fala do Concello de Vilanova de Arousa.
Se che gusta invítamoste a que votes no seguinte enlace: https://www.faxpg.es/votar-cantamos-con-las-manos-2024-es…
Disfrutade
do vídeo da canción: https://www.youtube.com/watch?v=hkTO7XXtHo4&t=165s
Saúdos e grazas.
Como se indica no documento axunto, convócase a todas as familias socias da ANPA “A PREXELA” do CEIP VIÑAGRANDE-DEIRO a Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar:
Data: sábado 27 de abril de 2024
Hora: 11 hrs en primeira convocatoria e 11:30 en segunda convocatoria
Lugar: aula de música do Colexio
Ca seguinte orde do día:

O pasado venres 16 de febreiro celebramos a nosa Festa de ENTROIDO, onde grandes e pequenos pasámolo xenial!!
Da man de Javi Solla bailamos, cantamos, xogamos… Grazas por unha animación tan divertida e grazas a todas as familias asistentes por estar tan animadas!!
No medio de tanta festa fixemos unha pequena parada para merendar e sortear a nosa Cesta de Entroido, que tocou no n° 1059 e que pasou a recoller a agraciada un pouquiño despois.
Tamén sorteamos entre todas as familias socias da Anpa uns agasallos ben chulos, sendo as afortunadas:- nº socia 18: un libro.- 40: unha mini cesta con lacón, grelos e chourizo.- 49: vale de 30 € para gastar en Panadería A Praza.- 66: viaxe para 2 adultos e un menor pola rura do mexillón.- 74: un libro.- 79: un libro. Noraboa a todas!
Queremos dar as GRAZAS a todos os colaboradores: Frutas Miguel Lago, Supernito, Montiño e Kolding. Panadería A Praza, Librería Nobel Vilanova (todos comercio de proximidade), Moelsa, Arco da Vella Apartamentos, Escuela Náutica Marevento, Sogaltec, Naviera Bahía Sub e Dzero Dixital.
Tamén ao Concello De Vilanova de Arousa pola sua colaboración coa animación.
E por suposto, agradecer a todas as familias a vosa axuda, implicación e esforzo.




Neste curso tamén se levarán a cabo actividades aprol da Educación en Igualdade para o alumnado, promovidas pola ANPA e financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.
A próxima semana, a partir do luns 27 de novembro, a ilustradora Susana Suniaga achegará ó alumnado de tódolos cursos de primaria a valores como a igualdade, a convivencia, a diversidade ou o respecto; a través da creación dun conto ilustrado, que terá como fío condutor unha idea ou unha vivencia relacionada coa igualdade de xénero.
Se queredes coñecer os traballos de ilustración de Susana, podedes visitar: https://www.instagram.com/susansuniaga/?hl=es
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Seguindo o gran interese que este tema xenera, a ANPA organiza un taller de COMUNICACIÓN NON VIOLENTA, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Convidamos a toda a comunidade educativa: docentes e familias (nais, pais, avós/as, etc) ó seguinte taller:
Hai prazas limitadas, e se non se cubre un mínimo de prazas, o taller non se levará a cabo, polo tanto pedimos que os inscribades antes do venres 17, a través do móvil da ANPA 644.03.66.49 ou ó noso email proxectos@anpaceipvinhagrandedeiro.org.
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O martes 31 outubro: pola mañán haberá actividades organizadas polo centro.
Pola tarde segue a celebración con actividades organizadas pola ANPA: brebaxes, tatuaxes dos druidas celtas, música, baile, contacontos do Samaín,
A partir das 18:30 faremos un roteiro polo monte coas cabazas feitas polos neno/as, e queimada apta para todos os públicos.
As familias poderán colaborar levando algún doce típico destas datas.
Vámolo pasar de medo!!


Este curso, como en anos anteriores, a ANPA continua con interesantes actividades a prol da EDUCACIÓN EN IGUALDADE, financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Convidamos a toda a comunidade educativa: docentes e familias (nais, pais, avós/as, etc) ó seguinte taller formativo:
Hai prazas limitadas, polo tanto invitámosvos a inscribiros a través do móvil da ANPA 644.03.66.49 ou ó noso email proxectos@anpaceipvinhagrandedeiro.org
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Coma todos os cursos convocase a Asamblea xeral da ANPA A Prixela do CEIP Viñagrande, Día o sábado 23 de septembro 2023
Lugar: aula de música do CEIP Viñagrande
Hora: as 11 hrs en primeira e 11:30 en segunda convocatoria
A orde do día que se indica no seguinte documento axunto
É importante que acudan o maior número de familias posible, para que todo/as aportemos ás actividades que se levan a cabo dende a ANPA, para o beneficio das nosas crianzas e de toda a comunidade educativa, incluindo a toma de decisións nesta Asamblea Xeral.
Para calquer consulta ou aclaración, poñedevos en contacto ca directiva no móvil 644 03 66 49.