Taller COMUNICACIÓN NON VIOLENTA

Seguindo o gran interese que este tema xenera, a ANPA organiza un taller de COMUNICACIÓN NON VIOLENTA, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Convidamos a toda a comunidade educativa: docentes e familias (nais, pais, avós/as, etc) ó seguinte taller:

  • “COMUNICACIÓN NON VIOLENTA _ Nivel Iniciación”.
  • Sábado 25 novembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 hrs
  • Lugar: no CEIP Viñagrande (Deiro)
  • Impartido por Carmen Sarmiento, formadora certificada da Asociación CNV www.asociacioncomunicacionnoviolenta.org
  • A través da práctica da CNV, podemos aprender a aclarar o que estamos observando, que emocións estamos sentindo, que valores queremos vivir e transmitir, como facer peticións, practicar a escoita empática e a expresión e comunicación honesta.

Hai prazas limitadas, e se non se cubre un mínimo de prazas, o taller non se levará a cabo, polo tanto pedimos que os inscribades antes do venres 17, a través do móvil da ANPA 644.03.66.49 ou ó noso email proxectos@anpaceipvinhagrandedeiro.org.

As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.