CREACIÓN DUN CONTO ILUSTRADO para a IGUALDADE

Neste curso tamén se levarán a cabo actividades aprol da Educación en Igualdade para o alumnado, promovidas pola ANPA e financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.

A próxima semana, a partir do luns 27 de novembro, a ilustradora Susana Suniaga achegará ó alumnado de tódolos cursos de primaria a valores como a igualdade, a convivencia, a diversidade ou o respecto; a través da creación dun conto ilustrado, que terá como fío condutor unha idea ou unha vivencia relacionada coa igualdade de xénero.

Se queredes coñecer os traballos de ilustración de Susana, podedes visitar: https://www.instagram.com/susansuniaga/?hl=es

As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.