Este ano temos a nosa FESTA DO ENTROIDO este venres 1 de marzo de 17:00 a 20:00 na Casa da cultura de San Miguel de Deiro. É imprescindible que os nenos veñan acompañados de adultos pois gustaríanos que as festas que organiza a ANPA sirvan para ter momentos onde poder crear comunidade, ligazóns entre as familias e, porque non, amizade. Vos animamos a que traiades un postre para degustar entre todos e de paso participar nun modesto concurso onde os xuices serán os máis maiores. Cremos que sería enriquecedor que os avós e avoiñas que poidan veñan para facelos partícipes da festa cos seus netos/as. Teremos música, xogos, desfile para os máis valentes e pintura de cara. Agora só falta que participedes.
neste curso a proposta da ANPA para excursión de fin de curso é moi emocionante!
Propoñemos aprender sobre o valor do patrimonio cultural e natural galego, sensibilizar a peques e grandes nos seus coidados e aprender estratexias para a súa conservación.
Con esta fin queremos ir a Oia e coa axuda e guía da xentiña da asociación Costa dos Castros, aprender infinito sobre a nosa historia pasada e o que pode chegar a ser o noso futuro 🙂 Animádevos a vir!
Aquí tedes a proposta completa:
Excursión fin de curso Costa dos Castros – Oia
Datas: 17, 18, 19 de Maio (ponte das Letras galegas)
Programa cultural:
· VENRES 17:
Mañá e tarde:
Dependendo do tempo, obradoiros de arqueoloxía, pintura rupestre, fósiles en espazos exteriores ou interiores do camping. De facer bo tempo: tamén praia e piscina.
Xantar de picnic no camping ou na praia, traído da casa.
Tarde-noite: VISITA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DA CABECIÑA
percorrido a pé (con lanternas, seguindo a Ruta Máxica de Oia, que é pista de terra) leva uns 30-35 minutos.
Visita á zona do Mosteiro para dar un paseo polo barrio histórico, o Arrabal. O Mosteiro (pechado a visitas) ten a peculiaridade de ser o único cisterciense de Europa situado á beira do mar.
Visita guiada completa e contarémoslles @s peques as historias dos monxes artilleiros e os ataques piratas que evitaron desde o Mosteiro cunha caza do tesouro.
Esta visita faráse no autobús aproveitando a volta para casa.
Xantar de picnic no Arrabal (por organizar).
Entregaremos ao alumnado un diploma-compromiso de “Gardián/Gardiá da Costa dos Castros”.
Os Bungalows están totalmente equipados, con roupa de cama e toallas incluídas. Dispoñen de ducha e WC con auga quente.
Oferta Acampada ( Precio diario):
Caravana + Coche: 10 €
Tenda + Coche: 10 €
Autocaravana: 10 €
Adulto: 5 €
Nenos (3-12): 2,50 €
Nenos (0-2): Gratis
Conexión a electricidade: 5,50 €
Oferta Media Pensión (almorzo e cena)
12 € Adultos
9 € niños
A estes prezos será preciso engadir a parte correspondente do autobús en caso de xuntar 55 persoas para a saída. O prezo do autobús sería 11,5 por persoa.
As actividades culturais serán levadas a cabo pola asociación Costa dos Castros e financiadas para os socios pola ANPA. As familias non socias interesadas deberán incrementar a parte proporcional das visitas ao orzamento total.
En caso de que sexan poucas familias as interesadas, proporíase o traslado en coches privados.
Se tes interese en vir, completa este formulario:
Información básica sobre protección de datos Ver más
Responsable: ANPA Ceip Viñagrande Deiro.
Finalidad:
Responder las consultas.
Legitimación:
Por consentimiento del interesado.
Destinatarios y encargados de tratamiento:
No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio.
El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Professional Hosting que actúa como encargado de tratamiento.
Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.
Dende a nosa ANPA queremos apoiar e difundir este escrito en contra dun material didáctico que envía a Xunta aos centros explicando aos nenos as virtudes da macro minería… Este tipo de propostas son as que fan sufrir moito os sectores económicos da Ría de Arousa.
Se estades de acordo, vos animamos a que COMPARTADES esta información 💪💪
Se queredes leer o escrito completo dende a páxina da Confederación de ANPAS GALEGAS o podedes facer AQUÍ.
Dende Acción Magistral pídennos unha entrada para o seu blogue, como proxecto seleccionado entre os gañadores. Aquí vos deixamos a versión en galego.
Un patio especial para un cole especial
Sabemos que o somos e témolo.
Explica a RAG “especial”
1. adj. Que posúe características particulares e distintas ás doutros.
O cole de Viñagrande ten un singular equipo docente que fixo posible o incrible. Emprenderon o camiño cara a un proxecto educativo propio, especial, bebendo de moitas fontes e adaptando as aprendizaxes de forma dinámica e constante á contorna e ás necesidades das nosas fillas e fillos.
Atraeron familias da comarca cunha visión do desenvolvemento infantil na que aprender é xogar, investigar, crear, conectar e gozar.
A tensión, a monotonía, a rutina, o aburrimento non xogan no noso patio.
As familias apoiamos as iniciativas e propostas do cole, gozamos e aprendemos ao seu mesmo compás coma se fósemos peques, e enriquecemos a vida da escola con miles de ideas orientados polo noso singular equipo docente que nos axuda a integrar as achegas na xornada escolar e tamén na vida extraescolar.
Dicía o Principiño “todas as persoas maiores foron nenos pero poucos o lembran”.
En Viñagrande si. Todos os días. Nin sequera no verán esquecémonos do cole, nin grandes nin pequenos. Seguimos traballando, aprendendo e gozando. Para as nosas fillas e fillos cada día é unha festa de compartir coa comunidade educativa do CEIP Viñagrande de Deiro.
Todos e todas en conxunto formamos un cole especial nun espazo que é a casa desta comunidade singular.
Pronto teremos, tamén fóra, música, asemblea, arte, natureza, movemento e ritmo.
E ademais dun proxecto especial e singular, o noso patio, o da nosa casa, o noso cole, será particular.
De novo temos que agradecer a todas as familias colaboradoras o esforzo feito para recadar os máis de €6000 que permitirán a construcción do novo patio dinámico do cole.
Sabemos que non todas puidestes participar na mesma medida, pero contodo, queremos agradecer todos e cada un dos mínimos e máximos esforzos que fixestes para conseguir que o espazo no que os nosos e vosos fillos e fillas pasan moitas horas á semana, sexa o lugar máis incrible que poidamos imaxinar.
Conseguímolo!! Gañamos o premio de Acción Magistral
Agradecemos moito a todas as familias, amig@s, inimig@s, achegad@s e alonxad@s o voso voto e o voso apoio.
Recoñecemos que non sabiamos que o proceso ía ser este, disgústanos o método de votación pública que non garante fiabilidade na votación, convida á trampa e non premia aos mellores.
Contodo estamos felices de ter acadado algo máis de cartos para ir completando o noso proxecto do patio do cole.
Deixámosvos aquí o vídeo que votastes máis de 700 veces e o resultado da votación.