Deixámosvos aquí a oferta de extraescolares para este curso que medra en catro actividades con:
- Capoeira
- Labores
- Lingua de signos española
- Equitación
Vilanova de Arousa, Pontevedra, Galicia
Deixámosvos aquí a oferta de extraescolares para este curso que medra en catro actividades con:
Parece que hai interese entre as familias para asistir á excursión de Oia só un dia ou só unha noite.
Non hai problema! Acabamos de modificar o formulario para que poidas escoller número de noites e especificar cal queres quedar.
O resto das reservas efectuadas antes desta modificación consérvanse con dúas noites de reserva. En caso de querer modificalas, reenvía a túa reserva e a última será considerada válida.
Aquí che deixamos a ligazón para reservas e modificacións:
Na ponte das letras galegas marchamos de excursión a Oia!
Vai ser todo unha aventura: veremos castros na noite, buscaremos vellos piratas que atacaron un mosteiro e, se o tempo nos deixa, darémonos un baño impresionante e merecido nas pozas de Mougás despois dunha andaina pola natureza.
VASTE PERDER ESTE PLAN??
Se che apetece acompañarnos revisa o programa e fai a túa reserva aquí!
Este mércores 20 de marzo remata o período de admisión para o curso 2019 – 2020 de novo alumnado no CEIP Viñagrande de Deiro.
Toda a información ao respecto está na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/) onde poderedes consultar:
*Nota importante: O alumnado xa matriculado neste centro ten garantida a permanencia sen necesidade de realizar ningún tipo de xestión. Non obstante, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo á secretaría do C.E.I.P. Viñagrande- Deiro.
Xa queda moi pouco tempo – Animámosvos a que non deixedes pasar a oportunidade de formar parte dun proxecto educativo innovador, respectuoso cos ritmos das nosas pequenas e moi motivador para elas e para as familias!
Esperámosvos en Viñagrande!
Dende a ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro queremos agradecer a todas as familias que asistiron á festa a súa participación e bo humor.
Grazas por eses riquísimos doces de antroido e grazas mil a peques e menos peques por xogar, divertirse e animarnos cos seus risos e sorrisos 🙂
Deixámosvos algunhas fotos e animámosvos a recoller as vosas suxestións de mellora para que cada festa que fagamos sexa mellor e máis divertida.
Apertas!
Bos días familias!
Este ano temos a nosa FESTA DO ENTROIDO este venres 1 de marzo de 17:00 a 20:00 na Casa da cultura de San Miguel de Deiro. É imprescindible que os nenos veñan acompañados de adultos pois gustaríanos que as festas que organiza a ANPA sirvan para ter momentos onde poder crear comunidade, ligazóns entre as familias e, porque non, amizade. Vos animamos a que traiades un postre para degustar entre todos e de paso participar nun modesto concurso onde os xuices serán os máis maiores. Cremos que sería enriquecedor que os avós e avoiñas que poidan veñan para facelos partícipes da festa cos seus netos/as. Teremos música, xogos, desfile para os máis valentes e pintura de cara.
Agora só falta que participedes.
¡Cantos máis sexamos máis diversión!
Olá!
neste curso a proposta da ANPA para excursión de fin de curso é moi emocionante!
Propoñemos aprender sobre o valor do patrimonio cultural e natural galego, sensibilizar a peques e grandes nos seus coidados e aprender estratexias para a súa conservación.
Con esta fin queremos ir a Oia e coa axuda e guía da xentiña da asociación Costa dos Castros, aprender infinito sobre a nosa historia pasada e o que pode chegar a ser o noso futuro 🙂 Animádevos a vir!
Aquí tedes a proposta completa:
Datas: 17, 18, 19 de Maio (ponte das Letras galegas)
· VENRES 17:
Mañá e tarde:
Dependendo do tempo, obradoiros de arqueoloxía, pintura rupestre, fósiles en espazos exteriores ou interiores do camping. De facer bo tempo: tamén praia e piscina.
Xantar de picnic no camping ou na praia, traído da casa.
Tarde-noite: VISITA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DA CABECIÑA
percorrido a pé (con lanternas, seguindo a Ruta Máxica de Oia, que é pista de terra) leva uns 30-35 minutos.
Localización: https://goo.gl/maps/2Tf2P2PybS32
Andaina de aprox. 1 hora
Xantar de picnic (por organizar) en merendeiro perto das pozas. Se o tempo acompaña poderemos bañarnos.
Tanto para este día como para o anterior, teremos coche-escoba.
Localización: https://goo.gl/maps/oKicCtjw7t12
Visita á zona do Mosteiro para dar un paseo polo barrio histórico, o Arrabal. O Mosteiro (pechado a visitas) ten a peculiaridade de ser o único cisterciense de Europa situado á beira do mar.
Visita guiada completa e contarémoslles @s peques as historias dos monxes artilleiros e os ataques piratas que evitaron desde o Mosteiro cunha caza do tesouro.
Esta visita faráse no autobús aproveitando a volta para casa.
Xantar de picnic no Arrabal (por organizar).
Entregaremos ao alumnado un diploma-compromiso de “Gardián/Gardiá da Costa dos Castros”.
Camping O Muíño https://www.campingmuino.com/
Localización: https://goo.gl/maps/GkkaxSEh2pr
Oferta Bungalow ( Precio diario):
Bungalow 4 plazas con terraza: 60 €
Bungalow 4 plazas sen terraza : 45 €
Bungalow 7 plazas: 65 €
Os Bungalows están totalmente equipados, con roupa de cama e toallas incluídas. Dispoñen de ducha e WC con auga quente.
Oferta Acampada ( Precio diario):
Caravana + Coche: 10 €
Tenda + Coche: 10 €
Autocaravana: 10 €
Adulto: 5 €
Nenos (3-12): 2,50 €
Nenos (0-2): Gratis
Conexión a electricidade: 5,50 €
Oferta Media Pensión (almorzo e cena)
12 € Adultos
9 € niños
A estes prezos será preciso engadir a parte correspondente do autobús en caso de xuntar 55 persoas para a saída. O prezo do autobús sería 11,5 por persoa.
As actividades culturais serán levadas a cabo pola asociación Costa dos Castros e financiadas para os socios pola ANPA. As familias non socias interesadas deberán incrementar a parte proporcional das visitas ao orzamento total.
En caso de que sexan poucas familias as interesadas, proporíase o traslado en coches privados.
Se tes interese en vir, completa este formulario:
Información básica sobre protección de datos Ver más
Dende a nosa ANPA queremos apoiar e difundir este escrito en contra dun material didáctico que envía a Xunta aos centros explicando aos nenos as virtudes da macro minería… Este tipo de propostas son as que fan sufrir moito os sectores económicos da Ría de Arousa.
Se estades de acordo, vos animamos a que COMPARTADES esta información 💪💪
Se queredes leer o escrito completo dende a páxina da Confederación de ANPAS GALEGAS o podedes facer AQUÍ.
PRECISAMOS!
Voluntarios para
montar o novo
material do patio
do cole.
Se tedes dispoñibilidade
e destreza, falade con Javi!