DECLARACIÓN RESPONSABLE DAS FAMILIAS

No seguinte ligazón poderedes atopar os documentos necesarios para entregar o primeiro día de colexio dos/das vosos/as fillos/as.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/1067

Nel tedes a Declaración responsable das familias que hai que cubrir e entregar asinado. Se coma moitas de nós non estás de acordo co que se expón neste documento, as confederacións de anpas, federacións e familias poñen a dispor como alternativa este outro. Podes decargalo pinchando aquí.

Presentación do proxecto de crowdfunding en BioCultura 2020

Os días 28, 29, e 1 de marzo celebrarase na cidade da Coruña a feira de produtos ecolóxicos e consumo responsábel BioCultura 2020, na súa segunda edición nesta localidade.

Nela, o 29/02/2020 ás 10:30 unha representante da directiva da ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro terá a oportunidade de presentar o proxecto de recadación para o invernadoiro escolar, como exemplo de práctica asociativa de captación de fondos da man da Fundación Triodos.

Continuar lendo “Presentación do proxecto de crowdfunding en BioCultura 2020”

Rexeitamento ante a LGTBIQ+fobia

A ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro súmase ao rexeitamento ante a propaganda LGTBIQ+fóbica que o colectivo Hazte Oir está a facer chegar aos centros educativos, e sumámonos así á protesta liderada pola Rede Educativa de Apoio LGTB de Galicia.
Queremos fillas e fillos libres nun mundo libre – que sexan felices e fagan felices a outras persoas lonxe de odios retrógrados que atentan contra os dereitos das persoas.

Rexeitamos polo tanto como ANPA e como comunidade educativa as manifestacións de odio por razóns de orientación sexual ou por calquera outra razón e apoiaremos calquera iniciativa destinada a utilizar todas as ferramentas legais dispoñibles para prohibilas e erradicalas da nosa sociedade.

Querémonos libres, queremos un mundo libre de agresións machistas e LGTBIQ+fóbicas

Festa do Samaín

Moitas grazas a todas as familias que viñestes celebrar con nós e compartir este moito máis que chuviosa e escura tarde de domingo.

Deixámosvos algunhas fotos para que lembredes o ben que o pasamos, as cabazas chulas que fixemos…

Ler mAIs

Colaboracións para a Cesta de Nadal

cesta de nadal

Rematou o Samaín e xa estamos metidas na seguinte festa e na seguinte acción de recadación da ANPA. Como vos comentamos na Asemblea Xeral do 28.09, este ano faremos de novo o tradicional sorteo de Nadal, no que esperamos repartir moitos lotes que leven alegría a moitas familias e recadar moitos fondos para seguir a mellorar o noso cole.

Ler mAIs