Taller COMUNICACIÓN NON VIOLENTA

Seguindo o gran interese que este tema xenera, a ANPA organiza un taller de COMUNICACIÓN NON VIOLENTA, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Convidamos a toda a comunidade educativa: docentes e familias (nais, pais, avós/as, etc) ó seguinte taller:

  • “COMUNICACIÓN NON VIOLENTA _ Nivel Iniciación”.
  • Sábado 25 novembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 hrs
  • Lugar: no CEIP Viñagrande (Deiro)
  • Impartido por Carmen Sarmiento, formadora certificada da Asociación CNV www.asociacioncomunicacionnoviolenta.org
  • A través da práctica da CNV, podemos aprender a aclarar o que estamos observando, que emocións estamos sentindo, que valores queremos vivir e transmitir, como facer peticións, practicar a escoita empática e a expresión e comunicación honesta.

Hai prazas limitadas, e se non se cubre un mínimo de prazas, o taller non se levará a cabo, polo tanto pedimos que os inscribades antes do venres 17, a través do móvil da ANPA 644.03.66.49 ou ó noso email proxectos@anpaceipvinhagrandedeiro.org.

As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

CELEBRAMOS O SAMAÍN NO CEIP VIÑAGRANDE!

O martes 31 outubro: pola mañán haberá actividades organizadas polo centro.

Pola tarde segue a celebración con actividades organizadas pola ANPA: brebaxes, tatuaxes dos druidas celtas, música, baile, contacontos do Samaín,

A partir das 18:30 faremos un roteiro polo monte coas cabazas feitas polos neno/as, e queimada apta para todos os públicos.

As familias poderán colaborar levando algún doce típico destas datas.

Vámolo pasar de medo!!

“Coeducación emocional para as boas vidas: os coidados no centro do sistema”.

Este curso, como en anos anteriores, a ANPA continua con interesantes actividades a prol da EDUCACIÓN EN IGUALDADE, financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Convidamos a toda a comunidade educativa: docentes e familias (nais, pais, avós/as, etc) ó seguinte taller formativo:

  • “Coeducación emocional para as boas vidas: os coidados no centro do sistema”.
  • Sábado 4 novembro de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:30 hrs
  • Lugar: no CEIP Viñagrande (Deiro)
  • Impartido por Sara Vierna de ALMAS MERAKI, https://almasmeraki.es/almas-meraki/
  • Contido: este taller abordará temas como as relacións nos espazos educativos, a expresión do malestar emocional, o acompañamento desde o sistema educativo e as familias. A formación facilitarase desde unha perspectiva feminista e desde o acompañamento emocional, recurrindo a metodoloxías e enfoques como a Comunicación Non Violenta, a Neurobioloxía Interpersoal, o Mindfulness e o Coaching educativo.

Hai prazas limitadas, polo tanto invitámosvos a inscribiros a través do móvil da ANPA 644.03.66.49 ou ó noso email proxectos@anpaceipvinhagrandedeiro.org

As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Convocatoria Asamblea Xeral da ANPA

Coma todos os cursos convocase a Asamblea xeral da ANPA A Prixela do CEIP Viñagrande, Día o sábado 23 de septembro 2023

Lugar: aula de música do CEIP Viñagrande

Hora: as 11 hrs en primeira e 11:30 en segunda convocatoria

A orde do día que se indica no seguinte documento axunto

É importante que acudan o maior número de familias posible, para que todo/as aportemos ás actividades que se levan a cabo dende a ANPA, para o beneficio das nosas crianzas e de toda a comunidade educativa, incluindo a toma de decisións nesta Asamblea Xeral.

Para calquer consulta ou aclaración, poñedevos en contacto ca directiva no móvil 644 03 66 49.

Xogoteca de verán no CEIP Viñagrande

O verán pasado foi un éxito a xogoteca de verán no CEIP Viñagrande, así que este ano repetimos, para axudar as familias na conciliación e que as crianzas disfruten de xogos e aprendizaxe nun entorno coñecido, amigable e seguro.

Máis información sobre as actividades a realizar consulta este dossier de A.S. Nydia, que levará a cabo a xogoteca.

XOGOTECA-colegios_anexo

Acampada en familia

Este curso a ANPA propón a seguinte excursión de fin de curso: Acampada en familia.

Datas: fin de semán 10 e 11 xuño.

Lugar: Camping Ría de Arosa 1, Pobra do Caramiñal (posibilidade de acampar en tenda ou bungalows)

Máis info no seguinte cartel e enviando whatsapp ó 644 036 649.

Prazo inscripción ata ó 30 maio.

Animádevos a compartir todas as familias xuntas este fin de semana de diversión e amizade!

FESTA de ENTROIDO: Venres 17 as 17:00 hrs.

Vamos a celebrar o ENTROIDO como ben se merece! Acompáñanos co teu disfraz e moitas ganas de pásalo ben! Contaremos con música e animación!!

O/as rapaces/as de 6º ofrecerán postres e bebidas para axudar ó viaxe de fin de curso.

Sortearase unha magnífica cesta de entroido, con productos típicos do momento e dúas viaxes as Illas Cíes e Ons, grazas a colaboración de: Naviera Nabia, Frutas Miguel Lago, Moelsa Enerxías, Escuela Naútica Marevento, Instalaciones eléctricas Miguel Sineiro, Sogaltec Enerxía Solar, Montiño, SuperNito e Dzerc Dixital Imprenta. Moítismas grazas en nome dos neno/as de 6º curso e noso!

ANPA A Prixela, do CEIP Viñagrande de Deiro.

Festa de Benvida ó Nadal

Celebremos todos xuntos e demos a benvida ó Nadal, este Domingo 11 na Casa de Cultura de San Miguel, de 16:30 a 19:30.
• Con animación a cargo de Javi Solla.
• Chocolate
• Lambonadas preparadas polo alumnado de 6º, para recaudar fondos para a excursión
• Entrada de balde

Organiza a ANPA a Prixela coa colaboración do Concello de Vilanova de Arousa.

LUDOTECA DE NADAL

Co fin de facilitar unha conciliación familiar e laboral, o conxunto de Anpas de Vilanova ven de acordar co Concello unha colaboración para levar a cabo unha ludoteca de Nadal nos distintos coles.

Unha ludoteca que se levará a cabo entre o 23 de diciembre e o 5 de xaneiro na casa de cultura de San Miguel no caso das crianzas do CEIP Viñagrande, e terá un custe para todo o período, de 60 € (70 € no socios). Deste importe 30€ irán a cargo do Concello de Vilanova e os outros 30€ (40 € non socios) irán a cargo da familia.

Tamén hai opción de facer uso da ludoteca por semana.

Si estades interesad@s en participar, poderedes anortarvos ata o vindeiro luns 12 de decembro, poñéndovos en contacto coa Anpa no ☎️ 644 03 66 49 ou no e-mail proxectos@anpaceipvinhagrandedeiro.org 

De non chegar ó mínimo de 10 nen@s establecido para levar a cabo a ludoteca, daránselle opcións as familias anotadas para que poidan conciliar indo a ludoteca de outro colexio cercano.

Más información escríbenos un email ou chámanos 644 03 66 49

Un saúdo,

ANPA A Prixela do CEIP Viñagrande-Deiro.

Obradoiro: Coeducación emocional: xénero, sexualización e afectividades, para familias e profesorado.

Ágora tócanos o turno as persoas adultas, a ANPA organiza dentro das actividades de educación para a igualdade este Obradoiro: Coeducación emocional: xénero, sexualización e afectividades para FAMILIAS E PROFESORADO.

Día e lugar: Luns 7 novembro de 16:30 a 19:30 no CEIP Viñagrande.

Impartido por ALMAS MERAKI  (Sara Vierna Fdez) https://almasmeraki.es/almas-meraki/

Será un obradoiro práctico, e hai un número máximo de prazas, polo que se require anotarse previamente, enviando nome completo e móbil o teléfono da ANPA 644 036 649

A intención desta pílula formativa é xerar un espazo no que ampliar a mirada para escoitar os obstáculos que están a repercutir no desenvolvemento integral do/as rapaces e rapazas. Contidos específicos:

  1. Hipersexualización e cosificación
  2. Masculinidades tensas vs masculinidades amables
  3. Porno a golpe de clic: consumo en idades temperás e consecuencias
  4. Claves para acompañamento familiar dende a coeducación emocional.

As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.