Ágora tócanos o turno as persoas adultas, a ANPA organiza dentro das actividades de educación para a igualdade este Obradoiro: Coeducación emocional: xénero, sexualización e afectividades para FAMILIAS E PROFESORADO.
Día e lugar: Luns 7 novembro de 16:30 a 19:30 no CEIP Viñagrande.
Impartido por ALMAS MERAKI (Sara Vierna Fdez) https://almasmeraki.es/almas-meraki/
Será un obradoiro práctico, e hai un número máximo de prazas, polo que se require anotarse previamente, enviando nome completo e móbil o teléfono da ANPA 644 036 649
A intención desta pílula formativa é xerar un espazo no que ampliar a mirada para escoitar os obstáculos que están a repercutir no desenvolvemento integral do/as rapaces e rapazas. Contidos específicos:
- Hipersexualización e cosificación
- Masculinidades tensas vs masculinidades amables
- Porno a golpe de clic: consumo en idades temperás e consecuencias
- Claves para acompañamento familiar dende a coeducación emocional.
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.