E xa para rematar as actividades cas nosas crianzas aprol da Educación en Igualdade organizadas pola ANPA A Prixela, o venres 28 de outubro, @s alumn@s de 1º, 2º, 3º,e 4º de primaria do CEIP Viñagrande desfrutarán dun pequeno obradoiro titulado “Cantos xeitos coñeces ti de ser un rapaz?” que será levado a cabo por Realkiddys.
No campo da igualdade é moi frecuente (e necesario) traballar co empoderamento das nenas nos mundos masculinos. Pero non por elo podemos deixar atrás o traballo do empoderamento dos nenos varóns nos mundo femininos.
Neste obradoiro traballarase sobre a existencia de multitude de xeitos posibles de ser neno varón, todos igual de válidos. A través da lectura do conto de “Martiño é o mellor” o alumnado valorará a outros tipos de nenos fora do superheroe, líder, príncipe e villano como única posible representación nos contos a os que teñen acceso.
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.