Obradoiro “Micromachismos”

Continuando cas actividades aprol da Educación en Igualdade organizadas pola ANPA A Prixela, este xoves 27 de outubro, @s alumn@s de 5 e 6º de primaria do CEIP Viñagrande desfrutarán dun pequeno obradoiro titulado “MICROMACHISMOS” que será levado a cabo por Realkiddys.

Falar cos neno/as sobre estes micromachismos, que non son en realidade tan micro, axudáralles a comprender que os detalles tamén fan a súa realidade cara a igualdade ou desigualdade de xénero. A partir dunha breve función teatral traballarase de xeito práctico coma recoñecer e sobre todo como reverter estes micromachismos dende a idade e capacidade do/as alumno/as participantes.

As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.