Curso de iniciación á Comunicación Nonviolenta 2022
O curso terá lugar o sábado 30 de abril de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 na casa da cultura de San Miguel de Deiro.
INSCRÍBETE AQUÍ ANTES DO 24 DE ABRIL! (prazas limitadas)
A Comunicación NonViolenta (CNV) é unha linguaxe, unha intención, un estar… libre de culpa, vergoña, xuízos, críticas e exixencias.
Queres saber máis?
https://www.asociacioncomunicacionnoviolenta.org/que-es-la-cnv/
https://www.asociacioncomunicacionnoviolenta.org/carmen-sarmiento/
Enquisa sobre o uso da ludoteca no verán
Dende a Anpa estamos a traballar para organizar unha ludoteca nos meses de verán que
facilite a conciliación familiar e laboral das familias desta comunidade educativa.
Co fin de coñecer as necesidades concretas das familias agradecemos indiquedes, mediante esta enquisa, a disposición a usar ou non este servizo de ludoteca, xa que todas
as propostas que temos requiren un mínimo de asistentes.
Protexido: Acta da Asemblea extraordinaria ANPA do 3.3.2022
Asamblea extraordinaria: 3 marzo 2022
Adxuntamos convocatoria para todas as familias da Asamblea Xeral Extraordinaria para o vindeiro xoves 3 de marzo ás 20:30.
Será unha asamblea on-line, podremos conectarnos no seguinte enlace https://eduxunta.webex.com/meet/vpenide.
Orde do día:
-Contratación seguro de accidentes
-Renovación cargo de tesourería
-Rogos e preguntas
Se ides acceder dende un teléfono recomendámosvos que descarguedes a aplicación Cisco Webex Meetings para unha mellor conexión.
Animámosvos a participar.
Saúdos,
Carmela Casas
Presidenta ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro
Obradoiros “DIVERSAS, DIVERSOS, PERO IGUAIS” impartido por Agasex
Nos próximos días Agasex , Asociación Galega para a saúde sexual, levará a cabo uns obradoiros con cada un dos grupos de alumno/as de primaria sobre ó auto-coñecemento, a diversidade, a igualdade, a afectividade e a saúde sexual, impulsados pola ANPA e en colaboración co centro escolar, para deste xeito contribuír coa labor educativa das propias familias e do equipo docente.
Aínda que hoxe en día a rapazada posúe moitísima información ao seu alcance, moitas veces esta pode resultar confusa ou non recibirse dun xeito adecuado. Con frecuencia os rapaces e as rapazas medran adoptando unha visión da sexualidade coma un tema tabú, adoptando mitos, asumindo estereotipos e roles (como o do papel da muller), que se ven reforzados mediante os medios de comunicación e publicidade. Do mesmo xeito, é frecuente que entre a rapazada existan moitas dúbidas sobre os seus corpos, así coma dos cambios corporais que teñen ou terán lugar durante a puberdade e adolescencia, do proceso reprodutivo e da sexualidade.
Entendendo que a sexualidade abrangue non só o eido erótico, senón que é indisociable do compoñente afectivo e relacional; por este motivo traballamos as emocións, os sentimentos, as sensacións e as habilidades sociais e comunicativas, que son fundamentais para unha boa abordaxe da educación sexual.
Nestes obradoiros empregáranse exposicións teóricas acompañadas por diversos materiais audiovisuais, realízanse diversas actividades que favorezan a implicación do alumnado, a adquisición de coñecementos, e o intercambio de dúbidas e información.
CONTIDOS
Os contidos fundamentais que se abordaran, de forma específica e axeitada segundo cada nivel (idade) de cada curso:
– Os corpos: a diversidade de corpos, as cuestións fisiolóxicas, anatómicas e funcionais e os cambios corporais na puberdade.
– As presións diferenciais de xénero en relación á corporalidade
– Nocións básicas sobre a reprodución
– A hixiene corporal
– Xénero e Sexo: roles e estereotipos de xénero, diferencias e desigualdades.
– Identidades sexuais e orientacións sexuais
– A expresión dos afectos
– O autoconcepto, a autoimaxe e a autoestima
– Sexismo
– Violencia de xénero: que é e como identificala.
– Habilidades sociais e de xestión emocional.
OBXECTIVOS
O obxectivo principal destes obradoiros é favorecer un clima de confianza e de traballo en equipo que faga posible a análise da información e suscite o interese e a reflexión sobre a afectividade e a saúde sexual e reprodutiva, para favorecer en último termo a consecución dun estado de benestar físico, psicolóxico, social e sexual do alumnado.
Algúns dos obxectivos específicos son:
– Proporcionar información sobre os múltiples aspectos relacionados coa afectividade e a sexualidade.
– Motivar o rexeitamento a todo tipo de discriminación, marxinación e desigualdades.
– Cuestionar determinadas actitudes sexuais e afectivas (como poden ser as homófobas ou sexistas), potenciando a tolerancia e o respecto como base para unhas relacións positivas entre as persoas.
– Favorecer o coñecemento da propia sexualidade.
– Promover unha correcta expresión afectiva.
– Revisar e cuestionar mitos e conceptos falsos relacionados coa sexualidade.
– Previr os abusos sexuais infantís.
– Promover un autoconcepto corporal positivo e unha autoestima corporal alta.
– Favorecer a identificación das presións sociais para o axuste a un modelo de corporalidade irreal.
– Facilitar a comprensión da diversidade corporal como unha riqueza.
– Promover actitudes de respecto e empatía cara outras persoas con corporalidades que a sociedade considera como indesexables.
– Favorecer a adopción de conductas de coidado cara o propio corpo.
– Promover unha correcta expresión afectiva.
– Fomentar a adopción de actitudes e conductas respectuosas cara os demais e cara un/ha mesmo/a.
– Desenvolver habilidades sociais e comunicativas.
Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria
Convócase a todas as familias socias da ANPA “A PREXELA” DO CEIP VIÑAGRANDE-DEIRO a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar no patio do Colexio, o vindeiro sábado día 6 de novembro do 2021 as 11:00 horas en primeira convocatoria e 11:15 horas en segunda convocatoria. Orde do día como sigue:
Actividades extraescolares -curso 2021-22
Publicamos as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES que comezarán neste mes de OUTUBRO:
• ZUMBA, luns 17:30-18:30. Local “Amigos da música”. Primeiro día luns 4 de outubro.
• PATINAXE, mércores 16:00-17:30. Local Pavillón de San Miguel. Primeiro día mércores 6 de outubro.
• XIMNASIA RÍTMICA, venres 16:00-17:00. Local “Amigos da música”. Primeiro día venres 8 de outubro.
Nestas actividades, promovidas pola ANPA, nós lle comunicamos os monitores o listado de nen@s anotados, os nen@s só teñen que asistir o primeiro día indicado. Máis info: 644 03 66 49, noso Facebook ou email: info@anpaceipvinhagrandedeiro.org
NON se levarán a cabo, como grupo do Colexio Viñagrande, as seguintes actividades por non chegar ó número mínimo de participantes. Podedes contactar cos monitores para anotarse noutros grupos que eles levan a cabo:
- CAPOEIRA, Dani 689 295 833
- TALLER CREATIVO LABORES, María 699 560 931
- TEATRO Fátima, 609 583 036
- MÚSICA TRADICIONAL, Amigos da Música 619 53 31 92
- PISCINA CAMBADOS, 986 542 689
- PISCINA VIlagarcia, 986 512 716
Recordamos que para inscribirse as seguintes actividades debedes as familias CONTACTAR DIRECTAMENTE ca ENTIDADE ou MONITOR/A, como indicado inicialmente na folla de actividades extraescolares:
- KEMPO/KARATE, Mario, Pavillón Vilanova, 628 127 769
- TENIS, DMS Sport, Pavillón de San Miguel, Dani 667 863 623 o Manuel 652 218 402
- TECNOLOXÍA, Taniwa, Pazo Vista Real, anagandara@taniwa.es
- HIPICA, Centro Equestre Faro das Lúas, 669 993 443
- ARTE, DANZA, PERCUSIÓN, IOGA, Canto, Fotografía… en Caliveras, 644 072 503
- TEATRO, PINTURA, IOGA, Manualidades, Informática en Ronsel Lecer, 698182788.
Información sobre algunhas actividades extraescolares dispoñibles na contorna para o curso 2021-2022
Na escola de arte Caliveras tes un 50% de desconto na matrícula por ser soci@ da ANPA
Piscina municipal de Vilagarcía
Duración da actividade:
-Mensual – mes natural (de día 1 a 31)
-Cuatrimestral – do 1 de outubro de 2021 ao 31 de xaneiro do 2022 (dependendo do día seleccionado)
Non hai parón por vacacións, hai clases sempre (excepto festivos)
Curso de iniciación á Comunicación non violenta
Enmarcado no programa “Camiñando cara a igualdade 2020” vaise levar a cabo o curso de introdución á Comunicación non violenta para docentes e familias, impartido por Carmen Sarmiento, formadora certificada polo CNVC. Terá lugar o sábado 22 de maio na casa da cultura de San Miguel, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Prazas limitadas! Inscríbete no seguinte formulario
A Comunicación non violenta é un proceso de comunicación creado por Marshall Rosenberg. A súa base é o traballo de empatía profunda como competencia esencial para a vida e a cultura da Paz, para a transformación das emocións e o empoderamento persoal e grupal. Fainos partícipes dunha comunicación que busca atopar valores máis profundos e un diálogo creativo e transformador con unha mesma e coas demáis.
O seu obxectivo é coidar todas as relacións, baseadas no respeto, a empatía, a comprensión e a cooperación. Previr a violencia e a ruptura de diálogo, cos que nos rodean e con unha mesma, coidando manter o vínculo entre as persoas.
No noso contexto a CNV pode aportarnos recursos persoais útiles na mellora da comunicación e as relacións colaborativas, no desenvolvemento de capacidades cara as dificultades que xurden acotío na vida escolar e na prevención e resolución de conflitos.