XOGOTOCA DE VERÁN 2022

Dende a ANPA queremos compartir con todas as familias, o marabilloso resultado da ludoteca de verán que se levou a cabo nas instalación do patio do CEIP Viñagrande, durante xullo e agosto. As crianzas e as súas familias comparten que lles gustou moito estas mañás tan entretidas de verán.

As actividades foron desenvoltas polo equipo de Animación Sociocultural Nydia, ó cal queremos agradecerlle o traballo e dedicación no coidado e motivación das nosas crianzas.

Fixeron múltiples actividades recreativas e educativas, das cales os compartimos en fotos unha pequeniña mostra. Moitas actividades manuais para divertirse e desenvolver as capacidades motoras, coordinación, sensoriais e creatividade das neno/as. Fixeron excursións a unha granxa, a Illa de Arousa, a ver cabalos por exemplo; tiveron visitas especiais coma a protectora de animais, un ventrílocuo, etc.

estampado creativo
taller de sombras
cociñando gallegas
creatividade de cor
pintando un mural
pitando con puntos
creatividade con texturas
plastilina artesana