Teatro para a educación en igualdade

Este martes 18 de Outubro @s alumn@s de infantil e 1º ciclo de primaria desfrutarán dunha xornada de TEATRO (dentro do horario escolar). O elenco de actores Victoria Pérez e Manuel Fernández interpretarán “ROSA E AZUL”, unha sesión de contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto dende que nacemos. A través da manipulación de xoguetes e títeres artesáns, mesturaran historias reais con contos de ficción que xiran en torno ao respeto, o amor, a tolerancia e a diversidade.

Esta xornada é a primeira enmarcada dentro das actividades aprol da Educación en Igualdade organizadas pola ANPA A Prixela a levar a cabo neste curso 2022-23 para os alumn@s do CEIP Viñagrande e o seu profesorado e familias.

As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.