Continuando cas actividades aprol da Educación en Igualdade organizadas pola ANPA A Prixela, este venres 21 de outubro (pola mañan), @s alumn@s de 3, 4, 5 e 6º de primaria do CEIP Viñagrande desfrutarán dunha xornada de TEATRO titulada “A CAIXA SEN PANDORA” do grupo de teatro Ghazafelhos (distribuido por Urdime)
“A caixa sen pandora” é unha historia que plántea un grande enigma: Que pasaría se Pandora non abrira a súa caixa? A Caixa sen Pandora é un divertido espectáculo interpretado por Pepablo Patinho e Montse Piñón no que se fala de distintas mulleres, mulleres universais en xeral e mulleres galegas en particular. Grandes heroínas que decidiron romper coa norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando así un movemento imparable pola igualdade. E nós? quereremos nós abrir a nosa propia caixa?
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.