PLAN MADRUGA 2022-2023

Para analizar as posibilidades de continuar co Plan Madrugadores posto en marcha o curso pasado, queremos transmitir e recoller a seguinte información:

  • Moi importante que as familias que queiran utilizar este servizo de Plan  madruga contesten a esta nota/enquisa, (só é necesario que contesten as familias interesadas, antes do venres 9 setembro)
  • Estáse plantexando que o servizo sexa de balde no horario de 7:45 a 8:45, financiado polo Concello de Vilanova de Arousa, si se reúnan un número mínimo de familias (máis de 8 familias)
  • As familias interesadas deberán presentar un Contrato de traballo / Certificado de empresa no que se reflexe o horario para xustificar a incompatibilidade dos titores para levar as/os neno/as a escola. Para as/os mariscadoras/es valería cun certificado da cofradía onde se indique que se realiza dita actividade. Teñen validez traballos ou actividades que se fagan por quendas e non precisen o servizo todos os días, xa que este servizo non implica usalo todos os días da semana, só naqueles días en que sexa preciso. Os autónomos emitiran un documento que reflicte a actividade que se leva a cabo e o horario.
  • Na parte final da enquisa en Comentarios podedes expoñer as necesidades concretas para avaliar se se poden ou non levar a cabo; como sería empregar o servizo madrugadores dende as 7:00, algunha crianza con necesidade de coidados especiais, etc.
  • Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa Anpa no tlf. ou wasap 644.036.649 ou no e-mail afavinhagrande@gmail.com

RELLENA ESTE SENCILLO FORMULARIO PARA INDICAR QUE ESTADES INTERESADOS EN FACER USO DO PLAN MADRUGA

XOGOTECA de VERÁN. Inscripción.

Dispoñible a inscrición na xogoteca de verán, as crianzas levaron na mochila un díptico cunha folla para poder inscribirse si é do voso interés.
Pórase a disposición das familias un buzón na entrada do cole para depositar a inscripción ou ben poderase entregar a calquer membro da Anpa.

Tedes información no seguinte cartel, e na entrada anterior desta web. Calquer información adicional que precisedes, contactádenos ó móvil da ANPA 644 036 649

Asamblea extraordinaria: 3 marzo 2022

Adxuntamos convocatoria para todas as familias da Asamblea Xeral Extraordinaria para o vindeiro xoves 3 de marzo ás 20:30.

Será unha asamblea on-line, podremos conectarnos no seguinte enlace https://eduxunta.webex.com/meet/vpenide.

Orde do día:

-Contratación seguro de accidentes

-Renovación cargo de tesourería

-Rogos e preguntas

Se ides acceder dende un teléfono recomendámosvos que descarguedes a aplicación Cisco Webex Meetings para unha mellor conexión.

Animámosvos a participar.

Saúdos,

Carmela Casas

Presidenta ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro

Obradoiros “DIVERSAS, DIVERSOS, PERO IGUAIS” impartido por Agasex

Nos próximos días Agasex , Asociación Galega para a saúde sexual, levará a cabo uns obradoiros con cada un dos grupos de alumno/as de primaria sobre ó auto-coñecemento, a diversidade, a igualdade, a afectividade e a saúde sexual, impulsados pola ANPA e en colaboración co centro escolar, para deste xeito contribuír coa labor educativa das propias familias e do equipo docente.

Aínda que hoxe en día a rapazada posúe moitísima información ao seu alcance, moitas veces esta pode resultar confusa ou non recibirse dun xeito adecuado. Con frecuencia os rapaces e as rapazas medran adoptando unha visión da sexualidade coma un tema tabú, adoptando mitos, asumindo estereotipos e roles (como o do papel da muller), que se ven reforzados mediante os medios de comunicación e publicidade. Do mesmo xeito, é frecuente que entre a rapazada existan moitas dúbidas sobre os seus corpos, así coma dos cambios corporais que teñen ou terán lugar durante a puberdade e adolescencia, do proceso reprodutivo e da sexualidade.

Entendendo que a sexualidade abrangue non só o eido erótico, senón que é indisociable do compoñente afectivo e relacional; por este motivo traballamos as emocións, os sentimentos, as sensacións e as habilidades sociais e comunicativas, que son fundamentais para unha boa abordaxe da educación sexual.

Nestes obradoiros empregáranse exposicións teóricas acompañadas por diversos materiais audiovisuais, realízanse diversas actividades que favorezan a implicación do alumnado, a adquisición de coñecementos, e o intercambio de dúbidas e información.

CONTIDOS

Os contidos fundamentais que se abordaran, de forma específica e axeitada segundo cada nivel (idade) de cada curso:

– Os corpos: a diversidade de corpos, as cuestións fisiolóxicas, anatómicas e funcionais e os cambios corporais na puberdade.

– As presións diferenciais de xénero en relación á corporalidade

– Nocións básicas sobre a reprodución

– A hixiene corporal

– Xénero e Sexo: roles e estereotipos de xénero, diferencias e desigualdades.

– Identidades sexuais e orientacións sexuais

– A expresión dos afectos

– O autoconcepto, a autoimaxe e a autoestima

– Sexismo

– Violencia de xénero: que é e como identificala.

– Habilidades sociais e de xestión emocional.

OBXECTIVOS

O obxectivo principal destes obradoiros é favorecer un clima de confianza e de traballo en equipo que faga posible a análise da información e suscite o interese e a reflexión sobre a afectividade e a saúde sexual e reprodutiva, para favorecer en último termo a consecución dun estado de benestar físico, psicolóxico, social e sexual do alumnado.

Algúns dos obxectivos específicos son:

– Proporcionar información sobre os múltiples aspectos relacionados coa afectividade e a sexualidade.

– Motivar o rexeitamento a todo tipo de discriminación, marxinación e desigualdades.

– Cuestionar determinadas actitudes sexuais e afectivas (como poden ser as homófobas ou sexistas), potenciando a tolerancia e o respecto como base para unhas relacións positivas entre as persoas.

– Favorecer o coñecemento da propia sexualidade.

– Promover unha correcta expresión afectiva.

– Revisar e cuestionar mitos e conceptos falsos relacionados coa sexualidade.

– Previr os abusos sexuais infantís.

– Promover un autoconcepto corporal positivo e unha autoestima corporal alta.

– Favorecer a identificación das presións sociais para o axuste a un modelo de corporalidade irreal.

– Facilitar a comprensión da diversidade corporal como unha riqueza.

– Promover actitudes de respecto e empatía cara outras persoas con corporalidades que a sociedade considera como indesexables.

– Favorecer a adopción de conductas de coidado cara o propio corpo.

– Promover unha correcta expresión afectiva.

– Fomentar a adopción de actitudes e conductas respectuosas cara os demais e cara un/ha mesmo/a.

– Desenvolver habilidades sociais e comunicativas.

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria

Convócase a todas as familias socias da ANPA “A PREXELA” DO CEIP VIÑAGRANDE-DEIRO a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar no patio do Colexio, o vindeiro sábado día 6 de novembro do 2021 as 11:00 horas en primeira convocatoria e 11:15 horas en segunda convocatoria. Orde do día como sigue:

Actividades extraescolares -curso 2021-22

Publicamos as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES que comezarán neste mes de OUTUBRO:

•             ZUMBA, luns 17:30-18:30. Local “Amigos da música”. Primeiro día luns 4 de outubro.

•             PATINAXE, mércores 16:00-17:30. Local Pavillón de San Miguel. Primeiro día mércores 6 de outubro.

•             XIMNASIA RÍTMICA, venres 16:00-17:00. Local “Amigos da música”. Primeiro día venres 8 de outubro.

Nestas actividades, promovidas pola ANPA, nós lle comunicamos os monitores o listado de nen@s anotados, os nen@s só teñen que asistir o primeiro día indicado. Máis info: 644 03 66 49, noso Facebook ou email: info@anpaceipvinhagrandedeiro.org

NON se levarán a cabo, como grupo do Colexio Viñagrande, as seguintes actividades por non chegar ó número mínimo de participantes. Podedes contactar cos monitores para anotarse noutros grupos que eles levan a cabo:

  • CAPOEIRA, Dani 689 295 833
  • TALLER CREATIVO LABORES, María 699 560 931
  • TEATRO Fátima, 609 583 036
  • MÚSICA TRADICIONAL, Amigos da Música 619 53 31 92
  • PISCINA CAMBADOS, 986 542 689
  • PISCINA VIlagarcia, 986 512 716

Recordamos que para inscribirse as seguintes actividades debedes as familias CONTACTAR DIRECTAMENTE ca ENTIDADE ou MONITOR/A, como indicado inicialmente na folla de actividades extraescolares:

  • KEMPO/KARATE, Mario, Pavillón Vilanova, 628 127 769
  • TENIS, DMS Sport, Pavillón de San Miguel, Dani 667 863 623 o Manuel 652 218 402
  • TECNOLOXÍA, Taniwa, Pazo Vista Real, anagandara@taniwa.es
  • HIPICA, Centro Equestre Faro das Lúas, 669 993 443
  • ARTE, DANZA, PERCUSIÓN, IOGA, Canto, Fotografía… en Caliveras, 644 072 503
  • TEATRO, PINTURA, IOGA, Manualidades, Informática en Ronsel Lecer, 698182788.