Bos días familias!
Este ano temos a nosa FESTA DO ENTROIDO o próximo sábado 15 de febreiro de 17:00 a 20:00 na Casa da cultura de San Miguel de Deiro.
Continuar lendo “¡FESTA DO ENTROIDO!”Bos días familias!
Este ano temos a nosa FESTA DO ENTROIDO o próximo sábado 15 de febreiro de 17:00 a 20:00 na Casa da cultura de San Miguel de Deiro.
Continuar lendo “¡FESTA DO ENTROIDO!”
A asociación Mudare organiza esta charla que terá lugar no CEIP de Castrelo o 17 de xaneiro de 18:30-20:00. A entrada é de balde. A ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro colabora xunto con outras tres ANPAS da contorna na súa realización.
A ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro súmase ao rexeitamento ante a propaganda LGTBIQ+fóbica que o colectivo Hazte Oir está a facer chegar aos centros educativos, e sumámonos así á protesta liderada pola Rede Educativa de Apoio LGTB de Galicia.
Queremos fillas e fillos libres nun mundo libre – que sexan felices e fagan felices a outras persoas lonxe de odios retrógrados que atentan contra os dereitos das persoas.
Rexeitamos polo tanto como ANPA e como comunidade educativa as manifestacións de odio por razóns de orientación sexual ou por calquera outra razón e apoiaremos calquera iniciativa destinada a utilizar todas as ferramentas legais dispoñibles para prohibilas e erradicalas da nosa sociedade.
Querémonos libres, queremos un mundo libre de agresións machistas e LGTBIQ+fóbicas
Moitas grazas a todas as familias que viñestes celebrar con nós e compartir este moito máis que chuviosa e escura tarde de domingo.
Deixámosvos algunhas fotos para que lembredes o ben que o pasamos, as cabazas chulas que fixemos…
Ler mAIsRematou o Samaín e xa estamos metidas na seguinte festa e na seguinte acción de recadación da ANPA. Como vos comentamos na Asemblea Xeral do 28.09, este ano faremos de novo o tradicional sorteo de Nadal, no que esperamos repartir moitos lotes que leven alegría a moitas familias e recadar moitos fondos para seguir a mellorar o noso cole.
Ler mAIsSeguimos traballando pola igualdade dende a ANPA do CEIP Viñagrande de Deiro. Desta volta coas máis pequechas: hoxe luns 04.11.2019 ás 10:30 disfrutarán da compaña de Raquel Queizás e do seu contacontos coeducativo: Somos Iguais
Ler mAIsBos días familias!
Este ano temos a nosa FESTA DO SAMAIN o domingo 10 de novembreo de 16:30 a 19:30 na Casa da cultura de San Miguel de Deiro. É imprescindible que os nenos veñan acompañados de adultos pois gustaríanos que as festas que organiza a ANPA sirvan para ter momentos onde poder crear comunidade, ligazóns entre as familias e, porque non, amizade.
LER MAISO vindeiro mércores 23 de outubro as 16:30 no Auditorio Valle-Inclán (Vilanova de Arousa), teremos a suerte de poder escoitar en directo a Erick Pescador Albiach. Sociólogo e sexólogo (1995). Especialista en xénero, masculinadades e prevención de violencia.
Fixo ponencias, talleres e grupos de homes en España, Cuba, México, Puerto Rico, Chile, Perú, Uruguay, Brasil e Colombia, traballando co profesorado, forzas da orde, persoal sanitario, axentes sociais, asociacións de mulleres, etc. dende 1994.
Na súa web http://www.masculinidades.com/ poderedes encontrar máis información.
ENTRADA LIBRE E ABERTA A TODO O MUNDO!
Organizado pola ANPA CEIP Viñagrande-Deiro.
Como tódolos anos, estamos BUSCANDO un PATROCINADOR para as nosas tradicionais RIFAS de Nadal. É moi importante para nós, xa que o diñeiro recadado vai para o proxecto que estamos a realizar dun patio máis saudable no cole d@s nos@s fill@s. 🦸♀️🦸♂️ https://anpaceipvinhagrandedeiro.org/?p=91
💖¡PRECISAMOS A COLABORACIÓN DE TÓDALAS FAMILIAS nesta andaina xuntos!💖
A golpe de luns podemos dicir coa boca ben grande que gozamos dunha fantástica comunidade educativa! 😍
Resultado da colaboración ANPA co cole, o pasado venres disfrutaron infinito as peques do Ceip DE Viñagrande Deiro con Alice Guy (a muller que creou o cine) da man de Raquel Queizás 🤩🤩🤩
Seguiremos traballando para que isto se manteña 😊😊