O verán pasado foi un éxito a xogoteca de verán no CEIP Viñagrande, así que este ano repetimos, para axudar as familias na conciliación e que as crianzas disfruten de xogos e aprendizaxe nun entorno coñecido, amigable e seguro.
Máis información sobre as actividades a realizar consulta este dossier de A.S. Nydia, que levará a cabo a xogoteca.
Vamos a celebrar o ENTROIDO como ben se merece! Acompáñanos co teu disfraz e moitas ganas de pásalo ben! Contaremos con música e animación!!
O/as rapaces/as de 6º ofrecerán postres e bebidas para axudar ó viaxe de fin de curso.
Sortearase unha magnífica cesta de entroido, con productos típicos do momento e dúas viaxes as Illas Cíes e Ons, grazas a colaboración de: Naviera Nabia, Frutas Miguel Lago, Moelsa Enerxías, Escuela Naútica Marevento, Instalaciones eléctricas Miguel Sineiro, Sogaltec Enerxía Solar, Montiño, SuperNito e Dzerc Dixital Imprenta. Moítismas grazas en nome dos neno/as de 6º curso e noso!
Celebremos todos xuntos e demos a benvida ó Nadal, este Domingo 11 na Casa de Cultura de San Miguel, de 16:30 a 19:30. • Con animación a cargo de Javi Solla. • Chocolate • Lambonadas preparadas polo alumnado de 6º, para recaudar fondos para a excursión • Entrada de balde
Organiza a ANPA a Prixela coa colaboración do Concello de Vilanova de Arousa.
Co fin de facilitar unha conciliación familiar e laboral, o conxunto de Anpas de Vilanova ven de acordar co Concello unha colaboración para levar a cabo unha ludoteca de Nadal nos distintos coles.
Unha ludoteca que se levará a cabo entre o 23 de diciembre e o 5 de xaneiro na casa de cultura de San Miguel no caso das crianzas do CEIP Viñagrande, e terá un custe para todo o período, de 60 € (70 € no socios). Deste importe 30€ irán a cargo do Concello de Vilanova e os outros 30€ (40 € non socios) irán a cargo da familia.
Tamén hai opción de facer uso da ludoteca por semana.
Si estades interesad@s en participar, poderedes anortarvos ata o vindeiro luns 12 de decembro, poñéndovos en contacto coa Anpa no 644 03 66 49 ou no e-mail proxectos@anpaceipvinhagrandedeiro.org
De non chegar ó mínimo de 10 nen@s establecido para levar a cabo a ludoteca, daránselle opcións as familias anotadas para que poidan conciliar indo a ludoteca de outro colexio cercano.
Más información escríbenos un email ou chámanos 644 03 66 49
Ágora tócanos o turno as persoas adultas, a ANPA organiza dentro das actividades de educación para a igualdade este Obradoiro: Coeducación emocional: xénero, sexualización e afectividades para FAMILIAS E PROFESORADO.
Día e lugar: Luns 7 novembro de 16:30 a 19:30 no CEIP Viñagrande.
Será un obradoiro práctico, e hai un número máximo de prazas, polo que se require anotarse previamente, enviando nome completo e móbil o teléfono da ANPA 644 036 649
A intención desta pílula formativa é xerar un espazo no que ampliar a mirada para escoitar os obstáculos que están a repercutir no desenvolvemento integral do/as rapaces e rapazas. Contidos específicos:
Hipersexualización e cosificación
Masculinidades tensas vs masculinidades amables
Porno a golpe de clic: consumo en idades temperás e consecuencias
Claves para acompañamento familiar dende a coeducación emocional.
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
E xa para rematar as actividades cas nosas crianzas aprol da Educación en Igualdade organizadas pola ANPA A Prixela, o venres 28 de outubro, @s alumn@s de 1º, 2º, 3º,e 4º de primaria do CEIP Viñagrande desfrutarán dun pequeno obradoiro titulado “Cantos xeitos coñeces ti de ser un rapaz?” que será levado a cabo por Realkiddys.
No campo da igualdade é moi frecuente (e necesario) traballar co empoderamento das nenas nos mundos masculinos. Pero non por elo podemos deixar atrás o traballo do empoderamento dos nenos varóns nos mundo femininos.
Neste obradoiro traballarase sobre a existencia de multitude de xeitos posibles de ser neno varón, todos igual de válidos. A través da lectura do conto de “Martiño é o mellor” o alumnado valorará a outros tipos de nenos fora do superheroe, líder, príncipe e villano como única posible representación nos contos a os que teñen acceso.
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Continuando cas actividades aprol da Educación en Igualdade organizadas pola ANPA A Prixela, este xoves 27 de outubro, @s alumn@s de 5 e 6º de primaria do CEIP Viñagrande desfrutarán dun pequeno obradoiro titulado “MICROMACHISMOS” que será levado a cabo por Realkiddys.
Falar cos neno/as sobre estes micromachismos, que non son en realidade tan micro, axudáralles a comprender que os detalles tamén fan a súa realidade cara a igualdade ou desigualdade de xénero. A partir dunha breve función teatral traballarase de xeito práctico coma recoñecer e sobre todo como reverter estes micromachismos dende a idade e capacidade do/as alumno/as participantes.
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
A través da presente convócase a todas as familias á Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA “A PREXELA” DO CEIP VIÑAGRANDE-DEIRO, a celebrar o sábado 5 de novembro de 2022. Hora: 11 h en primeira convocatoria e 11:30 h en segunda convocatoria.
Lugar: zona cuberta do patio traseiro do Colexio
E coa seguinte ORDE DO DÍA
1º Lectura e aprobación acta Asamblea anterior
2º Memoria curso 2021/2022
3º Memoria económica 21/22
4º Proxectos para o curso 2022/2023 e previsión económica
5º Cuota próximo curso
6º Rogos e preguntas
Rematada a Asambela Xeral Ordinaria convocase a tódalas familias socias da ANPA a ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA co seguínte e único punto a tratar
Vacante na Xunta Directiva.
Cómo sempre, podedes remitir comentarios, suxerencias, dúbidas polos medios habituais, móvil 644 03 66 49, facebook ou falando cos membros da xunta directiva da ANPA.
Continuando cas actividades aprol da Educación en Igualdade organizadas pola ANPA A Prixela, este venres 21 de outubro (pola mañan), @s alumn@s de 3, 4, 5 e 6º de primaria do CEIP Viñagrande desfrutarán dunha xornada de TEATRO titulada “A CAIXA SEN PANDORA” do grupo de teatro Ghazafelhos (distribuido por Urdime)
“A caixa sen pandora” é unha historia que plántea un grande enigma: Que pasaría se Pandora non abrira a súa caixa? A Caixa sen Pandora é un divertido espectáculo interpretado por Pepablo Patinho e Montse Piñón no que se fala de distintas mulleres, mulleres universais en xeral e mulleres galegas en particular. Grandes heroínas que decidiron romper coa norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando así un movemento imparable pola igualdade. E nós? quereremos nós abrir a nosa propia caixa?
As actividades están financiadas polas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, Secretaría Xeral da Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.